Xove, 8 de maio, 2026. O Concello de Xove, da man da Asociación de Festexos Montevelle, acollerá o vindeiro sábado 16 de maio unha nova edición da Festa das Fillas de María, coñecida popularmente como Festa das Flores, unha celebración xa consolidada no calendario festivo local que encherá de vida, tradición e cor a zona vella da vila, nas inmediacións da igrexa parroquial.
A programación arrancará ás 10:30 horas coa apertura dos postos do mercado tradicional na rúa Nosa Señora do Carme, onde tamén haberá demostracións de oficios artesanais. Durante a mañá, a Asociación Cultural Saiñas e a charanga NBA animarán as rúas con pasarrúas, creando un ambiente festivo e participativo. Ás 13:00 horas celebrarase a misa con ofrenda floral á Virxe, un dos actos centrais da xornada, seguida dunha sesión vermú a cargo do grupo D‑Kris.
Pola tarde, a festa continuará con actividades pensadas para a cativada, como inchables, un obradoiro de cerámica e o contacontos teatralizado “Divers@s”, de Bátega Teatro. Xa pola noite, a verbena correrá a cargo do grupo D‑Kris e da Disco Móbil Conxuro, e como peche celebrarase unha queimada popular.
Un dos sinais de identidade desta festa é a súa coidada decoración floral, que cada ano engalana espazos como a rúa da Igrexa e a rúa Doutor José Baamonde Illade, converténdose nun atractivo visual para veciñanza e visitantes.
Nesta edición, a celebración incorpora tamén un elemento especial vinculado ao Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Begoña Caamaño. A decoración incluirá frases da autora, integrando literatura e tradición nun mesmo espazo festivo.
O Concello e a Asociación de Festexos Montevelle convidan tamén aos establecementos locais a sumarse á festa incorporando elementos florais nos seus locais, ofrecendo produtos relacionados coa temática e animando á clientela a vestir de branco con complementos azuis, a indumentaria tradicional desta celebración.
Desde a organización anímase a toda a veciñanza a participar e gozar dunha xornada única que combina cultura, tradición, música e identidade local.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



