Burela, 3 de xuño, 2025A semana pasada, a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela (OPP-7) puxo en marcha unha nova tempada das súas xornadas divulgativas “Eu Como Peixe de Burela”, realizadas en colaboración coa dietista Alba Vila e dirixidas a alumnado de diferentes centros educativos da Mariña Lucense.
A primeira visita deste curso tivo lugar no CPR Plurilingüe Nosa Señora do Pilar, en Foz (Lugo), onde arredor de 80 alumnos de Infantil e Primaria participaron na actividade. Estas sesións forman parte das accións infantís que a OPP-7 desenvolve para achegar o mundo da pesca e fomentar o consumo de peixe entre os máis pequenos. Están incluídas no seu Plan de Produción e Comercialización e contan co cofinanciamento da Xunta de Galicia e do FEMPA.
O secretario técnico da OPP, José Manuel Beltrán, deu a benvida ao alumnado antes de dar paso á charla divulgativa sobre os beneficios de comer peixe, impartida por Alba Vila, quen ademais de exercer como dietista en Burela e Foz, coordina os menús de varios colexios da comarca.
Os nenos e nenas, de entre tres e sete anos, participaron activamente durante a sesión, seguindo con interese os debuxos e explicacións sobre algunhas das principais especies da lonxa de Burela: pescada do pincho, peixe sapo, peixe espada, cabala e bonito do norte. Tamén aprenderon a diferenciar entre peixe azul e peixe branco. Ao rematar, recibiron un mandil e un gorro de chef como agasallo.
O circuíto de visitas aos centros educativos baixo o lema “Eu Como Peixe de Burela” comezou a finais do curso 2021-22. Desde entón, as súas mensaxes chegaron xa a 700 escolares de 13 colexios de toda a Mariña Lucense: desde Burela ata Ribadeo, pasando por Xove, Cervo, Nois, Foz, Ferreira do Valadouro, Alfoz, San Cosme de Barreiros e Trabada.






















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



