O portavoz municipal, Martín Graña, xunto aos arquitectos Roi García e Valerio González, falaron sobre os proxectos actuais e as alternativas que defende a formación a nivel local e galego. Graña: “A vivenda é un dereito básico e dende as administracións débense aplicar políticas valentes para garantir o acceso das familias e fixar poboación nos municipios”.
Ribadeo, 11 de xuño, 2026. O BNG de Ribadeo celebrou este xoves no local social de Piñeira unha charla-coloquio titulada “A vivenda en Ribadeo: solucións e alternativas”. O encontro, que reuniu unha notable asistencia de veciñas e veciños, serviu para analizar a situación actual do municipio en materia de vivenda e para expor a folla de ruta da formación nacionalista ante unha das principais preocupacións sociais.
A mesa estivo presentada polo portavoz municipal do BNG, Martín Graña, acompañado polos arquitectos Roi García e Valerio González. Ao longo da sesión, os relatores explicaron o estado e o procedemento dos proxectos urbanísticos en marcha en Ribadeo, analizaron as dinámicas do mercado inmobiliario e abordaron as dificultades ás que se enfronta a veciñanza —especialmente a mocidade— para desenvolver o seu proxecto de vida tanto na vila como nas parroquias.
Durante a súa intervención, Graña subliñou que o acceso á vivenda require unha atención prioritaria por parte das administracións. “Desde os concellos temos que fomentar e animar á administración autonómica a seguir un modelo que poña a vivenda ao servizo das persoas e non do beneficio duns poucos”, afirmou. Tamén insistiu na necesidade de que a Xunta de Galicia asuma o seu papel na creación dun parque público potente que contribúa a reequilibrar a situación actual. Ademais, destacou que é “fundamental manter informada con rigor á veciñanza de todas as actuacións que se están realizando ou se van realizar no municipio e que poden xerar trastornos no día a día”.
Pola súa parte, os arquitectos Roi García e Valerio González achegaron unha visión técnica sobre as estratexias urbanísticas en marcha e outras propostas para xerar solucións habitables. Ambos coincidiron na importancia de apostar por un crecemento equilibrado, poñendo en valor as potencialidades urbanas e rurais cun desenvolvemento ordenado e sostible que permita ofrecer alternativas viables e duradeiras.
O acto pechouse cun debate aberto no que as persoas asistentes puideron trasladar as súas dúbidas e preocupacións sobre este tema tan sensible. Desde o BNG cualificaron o encontro de Piñeira como “moi enriquecedor”, ao permitir explicar as súas propostas en materia de vivenda e seguir construíndo un proxecto de vila baseado na escoita activa das necesidades da veciñanza.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



