Ribadeo, 4 de xuño de 2026. Tras o incendio sufrido na tarde de onte nas instalacións da empresa Rotugraf, a dirección quere emitir unha mensaxe de tranquilidade e, sobre todo, de agradecemento e resiliencia. O enfoque da compañía non está no incidente, senón na continuidade do negocio e nas persoas que o fan posible.
A pesar de que o lume destruíu por completo o obradoiro principal de Rotugraf, a empresa confirma que non se produciron danos persoais. “Afortunadamente, estamos todos bien”, asegura Raquel López, a súa directora. Ademais, a oficina e o obradoiro de Burela, así como a sede de Ribadeo, atópanse plenamente operativos. Grazas a que unha parte da maquinaria se puido salvar, Rotugraf está en condicións de seguir dando servizo aos seus clientes.
Desde a dirección quixeron expresar un profundo agradecemento pola inmensa onda de apoio e solidariedade recibida por parte da comunidade, compañeiros do sector e clientes nas últimas horas. Nestes momentos difíciles, a empresa solicita un marxe de “un par de días de calma para poder procesar este duelo”, pero fai un chamamento firme a que non se deteña a actividade comercial. “Este es nuestro negocio y tenemos claro que sin nuestros clientes no podemos salir adelante. Por favor, pedimos que no dejen de hacernos pedidos y que nadie se sienta mal por escribirnos o llamarnos para preguntarnos si podemos fabricar algo. Estamos plenamente disponibles”, recalcan.
A dirección de Rotugraf xa se atopa traballando intensamente para activar un obradoiro provisional. Para iso, están apoiándose na súa sólida rede de contactos profesionais, que xa están ofrecendo a súa colaboración para que recupere a total normalidade o antes posible.
Un obradoiro cun alto valor sentimental
O obradoiro destruído sumaba un altísimo valor sentimental para a familia, xa que foi fundado hai 17 anos polo pai da actual dirección practicamente sen recursos. Con todo, a mensaxe de Raquel é de superación: “Afortunadamente, solo se han perdido máquinas y bienes materiales. Si mi padre fue capaz de levantarlo de la nada, nosotros tenemos la total certeza de que vamos a reconstruirlo y a tirar hacia adelante con más fuerza que nunca”.
O comunicado conclúe cunha reflexión que define o espírito da marca: “Rotugraf no es un edificio que se pueda quemar. Rotugraf es su gente, son los trabajadores, son todos los trabajos que llevamos muchos años realizando con dedicación, y son nuestros clientes. Y, gracias a Dios, todo eso sigue aquí”.



















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



