Xove, 9 de xuño, 2026. O Departamento de Investigación Social e Turismo do Concello de Xove organiza un ano máis a Recuperación da Romaría ao San Antonio Ventureiro da Rigueira, que terá lugar o 13 de xuño. Esta edición é especialmente significativa: tras a declaración da festa como Festa de Interese Turístico de Galicia en 2023, será a primeira vez que se celebre en sábado, polo que se agarda unha elevada participación.
Inscricións abertas ata o 11 de xuño
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 11 de xuño no Concello de Xove para recibir a Ventura e a flor do San Antonio ao rematar o camiño. A inscrición pode realizarse:
No despacho da socióloga municipal
No teléfono 982 592 001
No correo electrónico lucia@xove.es
Carné de romaxe e ausencia de bombas de palenque
Como é habitual, os romeiros e romeiras levarán un carné de romaxe, que deberán recoller previamente no Concello e selar nos puntos habilitados ata chegar á igrexa. O Concello lembra que, igual que en edicións anteriores e co apoio da Comisión de Festas, NON se empregarán bombas de palenque durante os actos. Esta medida conta cada vez con maior respaldo entre as persoas participantes.
Oito rutas sinalizadas para chegar á igrexa
No traballo de investigación realizado en 2009 para recuperar a romaría identificáronse oito rutas diferentes para chegar á igrexa. Todas están sinalizadas con frechas e paneis informativos no seu inicio, e cada participante pode escoller a que prefira.
A maioría das persoas adoitan saír do centro de Xove entre as 10:00 e as 10:30 horas, co obxectivo de chegar á primeira misa dos romeiros, ás 13:00 h, mantendo así o carácter veciñal e tradicional da festa.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



