Viveiro, 9 de xuño, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro amosa a súa sorpresa tras coñecerse que a Xunta de Galicia anunciou a aprobación da licitación da variante de Viveiro cando o proxecto continúa en período de información pública e alegacións, un prazo que remata o vindeiro 15 de xuño.
Desde o PSOE non se cuestiona a legalidade do procedemento, pero si a mensaxe política que se está trasladando á cidadanía. “Se a Xunta decide licitar a obra antes de analizar e resolver as alegacións presentadas polos veciños e persoas afectadas, a sensación que se transmite é que as achegas da cidadanía non van ser tidas en conta”, sinalan.
O grupo socialista lembra que o período de alegacións existe precisamente para que os interesados poidan presentar propostas, correccións ou observacións que contribúan a mellorar o proxecto. “Resulta difícil entender que se anuncie a licitación antes de rematar ese proceso, porque parece indicar que a decisión xa está tomada con independencia do que poidan expor os afectados”, afirman.
Os socialistas consideran que esta forma de actuar resta credibilidade aos mecanismos de participación pública e converte un trámite que debería ser útil para mellorar os proxectos nun mero formalismo administrativo.
Ademais, sinalan que esta situación evidencia unha vez máis a falta de capacidade reivindicativa do actual goberno municipal. “A alcaldesa limita a dicir que si a todo o que lle presenta a Xunta, sen defender nin esixir explicacións sobre cuestións que afectan directamente aos veciños e veciñas de Viveiro”, indican.
Desde o PSOE de Viveiro consideran que o razoable sería estudar primeiro todas as alegacións presentadas, resolver as cuestións formuladas polos afectados e, unha vez concluído ese proceso, adoptar as decisións definitivas sobre a contratación da obra.
“Se as alegacións son importantes para mellorar o proxecto, deben ser escoitadas. E se non se van ter en conta, a Xunta debería explicar para que abre un período de participación pública”, conclúen.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



