Foz, 24 de setembro, 2026. O Grupo Municipal do BNG de Foz levará ao próximo Pleno dúas mocións centradas na mellora de infraestruturas e na prevención de riscos no municipio. As iniciativas refírense ao arranxo do antigo trazado da LU‑152, que conecta coa LU‑P‑3101, e á limpeza e acondicionamento do paso do río Centiño baixo a vía ferroviaria nos barrios de Río e Porto, na parroquia de San Martiño.
Arranxo do antigo trazado da LU‑152
O BNG reclama á Xunta de Galiza o acondicionamento dun treito duns 100 metros do antigo trazado da LU‑152, que continúa funcionando como conexión coa LU‑P‑3101 e presenta un estado de conservación “moi deficiente”.
Este tramo é o único acceso desde Foz para a veciñanza da Ermida e soporta un importante tráfico pesado vinculado á actividade agrogandeira e forestal da zona, con circulación habitual de camións de leite, madeira e pensos.
O portavoz municipal do BNG, Francisco Xavier Fanego, sinala que “é un tramo moi pequeno, pero imprescindible para a veciñanza e para a actividade económica da zona. Non ten sentido que leve tanto tempo nun estado tan deficiente”.
Segundo indica o BNG, a veciñanza trasladoulles que en 2024 os responsables de mantemento das estradas da Xunta comprometeran de palabra o arranxo do treito, pero desde entón non recibiron información sobre prazos nin execución.
Fanego engade: “Pasaron xa dous anos desde aquel compromiso e seguimos sen coñecer cando se vai actuar. Pedimos unha resposta clara e que se arranxe dunha vez este acceso”.
Limpeza do paso do río Centiño
A segunda moción céntrase no río Centiño ao seu paso polos barrios de Río e Porto, onde o cauce atravesa por baixo do terraplén ferroviario mediante un túnel de sección limitada.
O BNG advirte de que tanto o paso como as zonas augas arriba e augas abaixo están invadidas pola maleza e as silvas, o que pode favorecer a acumulación de polas e materiais e dificultar a circulación da auga en episodios de chuvias intensas.
Segundo a veciñanza, nos últimos quince anos só se realizou unha actuación de limpeza nas ribeiras deste tramo.
Fanego explica: “É un punto situado a carón de zonas habitadas e no que unha obstrución podería provocar retencións augas arriba. Se en quince anos só se fixo unha actuación, resulta evidente a necesidade dun mantemento máis continuado e preventivo”.
Por este motivo, o BNG solicita que Adif, en coordinación con Augas de Galiza e coas administracións competentes, inspeccione e limpe o paso, retire a maleza e materiais acumulados e estableza un mantemento periódico efectivo.
Conclusión
Fanego resume que “as dúas mocións teñen algo en común: son problemas coñecidos desde hai tempo e actuacións perfectamente asumibles que poden evitar consecuencias maiores se se actúa con previsión e mantemento”.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



