Viveiro 1-12-18. O BNG de Viveiro organizou este sábado un acto público,e, recollida de sinaturas, coas intervencións de Miriam Bermúdez, viceresponsábel local ; e Xosé Luís Rivas (Mini), deputado no Parlamento de Galiza.
Miriam Bermúdez, sinalou que a luz é “un produto de primeira necesidade e non unha mercadoría de luxo que sirve para que as empresas eléctricas cada vez gañen máis”. Galiza é un país produtor e exportador de enerxía, que ten que soportar unha das tarifas máis caras de Europa cando ten os salarios e as pensións das máis baixas. Nos últimos 8 anos o recibo da luz subiu máis dun 30% e no último ano un 10%, “son cantidade excesivas e sen xustificación”, engadiu.
Propuxeron a adopción de medidas prácticas, tanto no desenvolvemento das competencias propias, como instando ao Goberno do Estado a aplicar as pertencentes ao seu ámbito, que permitan a diminución do prezo da factura eléctrica e o fin da discriminación que padece Galiza por este motivo, a través das seguintes medidas:
1. Unha tarifa eléctrica propia para Galiza que, atendendo aos verdadeiros custos da produción, a factura da luz sexa máis barata que a actual, en beneficio de consumidor@s particulares e das nosas empresas.
2. Eliminación dos suplementos territoriais da tarifa eléctrica, impedindo esta nova discriminación sobre Galiza.
3. Baixada do IVE na factura eléctrica, do actual 21% ao 4 (superreducido).
4. Garantir a subministración eléctrica a toda a poboación, establecendo medidas para que non se lle poida cortar a luz a ningunha persoa sen recursos.
5. Creación dunha empresa pública galega que integre os encoros que vaian rematando o período de concesión, así como a participación noutros ámbitos de xeración de enerxía para a socialización dos beneficios.
Tamén aproveitou o deputado parlamentar Xosé Luís Rivas (Mini) para coñecer a zona máis afectada de Viveiro polas inundacións, o barrio de Xunqueira, onde os veciños lles contaron as preocupacions e necesidades ao deputado nacionalista. Dende o BNG de Viveiro seguen á espera de que a Xunta responda no parlamento galego ás preguntas feitas polo BNG, rexistradas o pasado 21/11/2018, as cales son:
Ten analizado a Xunta de Galiza o estado do río que asolagou a Xunqueira, no Concello de Viveiro?
Tiña constancia o Goberno galego das denuncias da veciñanza que advertían do tapón provocado por restos de desbroce na Ponte de Pedro Mestre?
Por que non se limpou o río?
Que medidas prevé impulsar o Goberno galego, no marco das súas competencias, para evitar que algo como o acontecido o 18 de novembro poida repetirse?























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



