A profesora Aurora Geada, de Alfoz, que exercía como docente no Instituto Alfoz-Valadouro e que tamén deu clases anteriormente no colexio Santa María do Valadouro e noutros centros, vén de xubilarse o pasado venres. No instituto fíxose unha emotiva despedida entre profesores e alumnos, nunha festa que continuou cun xantar no restaurante O Asador de Barreiros. Os seus compañeiros despedírona cun agasallo dun fermoso cadro no que as caras de todos os seus alumnos e compañeiros debuxaban a súa propia.
























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



