Ribadeo, 28 de decembro de 2018. Por cuarto ano consecutivo Ribadeo conta cunha pista de xeo XL da que se pode desfrutar durante este Nadal. Está aberta no parque de San Francisco desde o pasado 21 de decembro e ata o próximo 7 de xaneiro e este ano incorpora, como novidade, sesións nocturnas con djs que teñen lugar os venres e os sábados de 22 a 00:00 horas. Desde o Concello subliñan que “con esta acción o que se pretende é dinamizar máis a pista de xeo XL ao ampliar horarios e introducir a música, así como fomentar o consumo no comercio e na hostalería local”.
E lembran que “a pista de xeo XL de Ribadeo, duns 300m2, é a única que se atopa aberta na provincia de Lugo, e das poucas que contan con sesións nocturnas amenizadas con música”.
A pista de xeo, organizada polo Concello de Ribadeo e na que tamén colabora Acisa, ten un prezo de 6 euros. As persoas que fagan compras no comercio asociado a Acisa por un valor superior a 20 euros, ou que consuman na hostalería local, obterán un desconto do 50%, xa que Acisa repartiu 10.000 tíckets cun desconto directo de 3 euros sobre a entrada base.
Ademais da novidade das sesións nocturnas con música os venres e os sábados de dez a doce da noite, “este ano e debido a gran demanda, a pista de xeo XL ampliou o seu horario e abre de 11 a 14 horas polas mañás e de 16 a 22 horas polas tardes. O luns, 31 de decembro, pechará ás 20 horas”, engaden desde o Concello.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



