Alfoz, a 12 de xaneiro de 2019..O Festi-Val de Cine de Alfoz e O Valadouro chega á súa sétima edición. Celebrarase os días 9 e 16 de marzo de 2019. Na primeira xornada, en Alfoz, proxectaremos a película “A carta”, rodada polo Grupo Teatral Raiolas aló polo ano 2006. Na segunda xornada (día 16 de marzo), no Valadouro, celebraremos o II Certame de Curtas (na foto que vos presentamos podemos ver o cartel da película gañadora do ano pasado: “REM”, de Xoán Bregua). Neste Certame de Curtas pode participar calquera persoa ou colectivo con temática variada, pero, iso si, como INNOVACIÓN IMPORTANTE respecto á edición pasada, os filmes presentados teñen que presentar algún tipo de vinculación co noso Val (Alfoz e Valadouro): pode ser por temática, por lugar de rodaxe, por participación no filme de xente do Val, etc. Para máis información, aquí tedes as bases do Certame. SORTE A TODOS!!
O Seminario de Estudos do Valadouro organiza o II Certame de Curtas Alfoz-Valadouro, que se englobará dentro da celebración do VII Festi-Val de Cine Alfoz-Valadouro, e que se rexerá polas seguintes BASES:
1. Traballos a presentar:
• Os traballos presentados deberán ter unha duración máxima de 15 minutos e estar rodados nos anos 2019, 2018, 2017 ou 2016. A organización resérvase o dereito de aceptar filmes que excedan esta duración se o estima oportuno.
• Pode presentar traballos calquera persoa que o desexe, sen límite de idade nin procedencia.
• MOI IMPORTANTE: a temática do vídeo é libre, pero deberá estar relacionada dalgunha forma co Val formado polos concellos de Alfoz e O Valadouro. A tal fin na inscrición especificarase o vínculo do filme con este Val (pode ser por motivos históricos, sociais, económicos, etc.). Unha comisión formada por tres membros do Seminario de Estudos do Valadouro valorará se este vínculo é aceptable e se o filme pode participar no certame. A organización resérvase o dereito de rexeitar aquelas creacións nas que se fomente o racismo, o machismo, a homofobia ou a vulneración de calquera dos dereitos humanos recollidos na Declaración Universal de Dereitos Humanos.
• Os autores serán os únicos responsables do contido das pezas presentadas. Pódense presentar ata tres producións por persoa.
• Se se inclúe banda sonora no traballo, esta deberá estar libre de dereitos de autor ou contar coa autorización do propietario dos dereitos para a súa exhibición.
• A lingua principal do vídeo deberá ser o galego, podendo aparecer outras linguas de forma minoritaria. Corresponde á Organización decidir se o uso doutra lingua é minoritario ou non.
2. Presentación dos traballos:
• Para presentar un vídeo ó certame deberase enviar un correo electrónico a peinoster@gmail.com co asunto “II Certame Curtas Alfoz-Valadouro”, no que se incluirán as seguintes cousas:
– Título do vídeo.
– Descrición da gravación (tres ou catro liñas).
– Vínculo ou relación do filme ou da súa temática co Val formado polos concellos de Alfoz e O Valadouro.
– O vídeo pódese presentar de tres formas: cunha ligazón a un servidor en internet como Mega, Wetransfer ou similares, no que se colgará o vídeo, a fin de que o Xurado poida baixalo e visionalo; en formato DVD ou gravado nun pen drive (os que elixan formato DVD ou pen drive deben envialos a José Vázquez Peinó, Rúa Congostra, nº 22, Portal 3, 4º A, 27780 Foz, LUGO).
– Nome do Director do vídeo.
– DNI do participante.
– E Mail do participante.
– Teléfono do participante.
– Un fotograma ou imaxe representativa do filme, para a súa exposición en carteis e anuncios do Certame.
3. Prazo de presentación:
• Os traballos deberán presentarse antes do 20 de febreiro de 2019.
4. Fases do Certame: o certame divídese en dúas fases:
• 1ª FASE: Un Xurado de xente do mundo do cine, escollida pola Organización do Certame, elixirá 8 traballos finalistas entre todos os presentados.
• 2ª FASE: O sábado 16 de marzo de 2019 proxectaranse en público, dentro do VII Festi-Val de Cine Alfoz-Valadouro, os 8 traballos finalistas. O Xurado, presente na sala, escollerá dous premios: un 1º Premio á Mellor Película, dotado con 300 euros e unha estatuílla representativa do Certame; e un Premio á Mellor Película do Val, presentada por persoas de Alfoz e O Valadouro, dotado con 150 euros e unha estatuílla. Igualmente ese mesmo día o público asistente votará pola mellor película presentada e cos votos do público escollerase o Premio do Público, dotado tamén con 150 euros e unha estatuílla.























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



