Lugo, 23 de xaneiro, 2019. O Grupo Provincial Popular rexistrou esta mañá unha moción, que se debaterá no Pleno da Deputación previsto para o próximo martes, a través da que insta ao PSOE e ao BNG a rexeitar o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado do Goberno de Pedro Sánchez e adoptar un acordo unánime, para que a provincia conte cos presupostos que necesita.
Os populares precisan que “non hai ningunha dúbida, tal e como reflictan os números, de que estamos ante un documento que castiga á cidadanía lucense por razóns meramente políticas, incrementando a carga fiscal sobre os nosos veciños e reducindo o investimento na provincia”.
O mesmo PSOE na provincia a través do seu secretario xeral, tal e como lembran os populares, recoñeceu que se están ante un proxecto de Orzamentos Xerais do Estado que non son bos para Lugo e manifestou que presentaría iniciativas ao respecto, polo que “debemos unir forzas en sesión plenaria e trasladar ao Estado a petición unánime de que pense na nosa provincia, non paralice infraestruturas, nin ralentice os proxectos postos en marcha por anteriores Gobernos”.
Para o Grupo Provincial do PP, os socialistas teñen a oportunidade de amosar o seu apoio á provincia, xa que estamos ante unhas contas que “nin eles mesmos comparten ata o punto de que ten que vir defendelas o delegado do Goberno porque ninguén do PSOE se atreve a dar a cara”. Ata o momento non cumpriron coa súa obriga de acadar que Lugo teña presenza en positivo nos Orzamentos, pero polo menos deberan actuar dende xa para que os lucenses non sexan castigados”, consideran.
Preocupación ante o proxecto de Orzamentos
A través da iniciativa plenaria, o Grupo Provincial do PP amosa a súa “decepción” e “preocupación” ante o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado por varias razóns. Analizan que non son unhas contas sociais, senón populistas e recollen, lamentan, subida de impostos, máis déficit, máis débeda, menos crecemento e menos emprego. Ademais, dende o PP precisan que o “suposto xiro social do Goberno consiste en levar a cabo medidas sociais que xa aprobara o Goberno de Mariano Rajoy no seu Orzamento para o 2018 como son a suba das pensións, do salario dos funcionarios, das partidas dedicadas á violencia de xénero, entre outras”.
Ademais, os populares na súa moción lembran que se está ante unhas contas que “son un instrumento de discriminación ao penalizar por motivos políticos a comunidades como a galega, que sofre un recorte do 19%, mentres, por exemplo, os investimentos para Cataluña medran nun 50%”. En canto á provincia de Lugo, tras coñecer os Presupostos Xerais para o 2019 presentados polo Goberno socialista de Pedro Sánchez, o Estado quedase na terceira posición entre as administracións supramunicipais en investimentos. Dos arredor de 70 millóns que quedarían circunscritos á nosa provincia, o reparto por lucense non chega aos 213 euros. Moi por diante atópase a Xunta de Galicia con 1.341 millóns de euros, que supón un investimento de 4.022 euros por cada habitante.
En Lugo tamén é reprobable a perda dun 35% dos investimentos en infraestruturas de comunicación para o ano 2019 con respecto ao contemplado no ano 2018. É dicir, “perdemos moito máis aínda que a media do que perde Galicia”, censuran. “Na A-54 perdemos 8 millóns de euros; na A-56 pérdense 10 millóns de euros e para a A-74, a Autovía da Mariña, perdemos case 1,8 millóns de euros; o intercambiador de Guntín entre a autovía de Santiago e a de Ourense cae dos 2,5 millóns aos 0 euros; en Outeiro de Rei estaban previstas actuacións para facer máis urbana a N-VI, que verán reducido o seu presuposto dos 350.000 aos 100.000 euros”, exemplifican.
Por último, os populares tamén quixeron referir á comunicación ferroviaria: a renovación e variantes da liña Monforte-Lugo que nos orzamentos do PP ten un custo total de 889 millóns de euros, no presuposto socialista redúcese a 310 millóns e para a partida de electrificación da liña Monforte-Lugo o custo das obras pasa de 113 millóns a 83 millóns, un 27% menos.
Polo tanto, dende o Grupo Provincial do PP resumen que “as cifras son claras e non debemos deixar pasar oportunidades dirixidas a evitar que Lugo se vexa sometido a este castigo por parte do Goberno de Sánchez. Así llo debemos trasladar ao Executivo central todas as forzas con representación na Deputación tal e como nos demanda a cidadanía”.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



