LUGO .- Técnicos da Deputación están a definir no Vicedo, Burela, Foz, Ribadeo e Viveiro os requisitos legais que deben cumprir as 21 praias que disporán da ISO 14.001. A Deputación está a formar ó persoal na lexislación da UE que rexe a certificación medioambiental.
Nota de Prensa
A Deputación forma ós Concellos na lexislación europea que rexe a certificación medioambiental das praias
Trátase do EMAS, o regulamento máis prestixioso e estricto da Unión Europea en materia medioambiental
A Deputación está a formar ó persoal dos Concellos da Mariña na lexislación da Unión Europea que rexe a certificación medioambiental do organismo provincial. Trátase da EMAS, o regulamento europeo máis prestigioso e estricto en materia medioambiental. Técnicos da Deputación están a definir no Vicedo, Burela, Foz, Ribadeo e Viveiro os requisitos legais que deben cumprir as 21 praias que disporán da ISO 14.001.
Esta é a segunda fase do proceso de implantación da certificación medioambiental que está sufragado na súa totalidade pola Deputación, supoñendo un custe cero para os Concellos participantes.
Deste xeito, os traballadores do organismo provincial están a revisar a xestión de residuos, os servizos dos que dispoñen os usuarios, a documentación do equipamento e do persoal etc, asesorando os Concellos nas melloras e modificacións necesarias para lograr praias 100% sostibles. Para elo, a Deputación vén de elaborar un proxecto medioambiental consensado coa Demarcación de Costas, cuxas liñas de actuacións están delimitadas pola EMAS, para garantir a certificación medioambiental.
A iniciativa do organismo provincial establece 3 obxectivos: xestionar as praias como un verdadeiro servizo público; lograr unha tarxeta de presentación da provincia que estableza diferenzas, e facilitar o acceso a futuros fondos europeos grazas o cumprimento das normas comunitarias.
Na actualidade, só algúns areais da Coruña e Biscaia no norte, e praias puntuais da costa Mediterránea dispoñen da ISO 14.001. O organismo provincial quere con este proxecto converter á Mariña no referente turístico do noroeste de España
competindo co Mediterráneo.




















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



