Lugo, 21 de febreiro de 2019. O Presidente da Deputación, Darío Campos, participou este xoves no acto de entrega dun novo talón, conseguido coa iniciativa solidaria Os tapóns dan vida e coidan o medio ambiente, posta en marcha pola Fundación Puro Cora, e coa que colabora o Goberno da Deputación xunto con outras institucións e asociacións lucenses. Esta campaña naceu para axudar a rapaces con enfermidades ou trastornos graves ou necesidades especiais ó tempo que contribúe á conservación do medio favorecendo a reciclaxe de plásticos.
Este ano o beneficiario é Darius Gabriel Dumitrescu, un neno de oito anos de Ribadeo, que sofre atrofia muscular espinal, máis coñecida polo seu acrónimo: Ame. Trátase dunha desas denominadas ‘Enfermidades raras’ que afectan a moi pouca poboación. No caso da provincia de Lugo, o número de afectados por Ame é de tres persoas, ademais de Darius hai dous afectados mais, un en Lugo e o outro en Monforte de Lemos.
Os lucenses prestaron novamente a súa colaboración a esta iniciativa solidaria, conseguindo reunir 10 toneladas de tapóns de plásticos, que supoñen unha recadación de 2.600 euros para pagar as sesións de fisioterapia que recibirá Darius ao longo de este ano 2019.
Neste proxecto, ademais da Deputación, participan entidades, asociacións e empresas que colaboran nesta campaña co fin de axudar a mellorar a calidade de vida das persoas que posúen algún problema grave ou eiva que lle impide desenvolver unha vida con normalidade, con especial atención á infancia.
APSNAIS
O Goberno da Deputación colabora con esta iniciativa desde a súa creación no ano 2012. A partir de agora o banco de tapóns pasa a ser xestionado por APSNAIS, que será quen centralice estes traballos, tanto a selección como a recolección dos tapóns. E ademais será quen reciba a partir de agora a recadación dos mesmos.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



