Lugo, 26 de febreiro, 2019. O presidente da Deputación, o socialista Darío Campos, terá que convidar a todos os alcaldes ás visitas que se realizan ás obras do Plan Único. O socialista terá a obriga de avisar aos rexedores tras advertir o Grupo Provincial do PP que non se estaba a convidar aos seus rexedor a este tipo de actos coa única intención “de que non saíran na foto”.
O Goberno do PSOE tivo que modificar as bases do Plan Único para que recollan este extremo, como se deu conta no Pleno de hoxe. “Hai que dicirlle ao presidente que cando vaia a un concello convide ao alcalde. Se hai vontade de repartir con criterios obxectivos e o talante fora o mesmo modificar as bases non sería necesario pero asistimos a un montón de comunicacións onde independentemente de quen fora o porcentaxe de apoio do alcalde en cuestión en todas as páxinas que explican os investimentos se goberna o PP non aparece na foto”, explicou a voceira do Grupo Provincial do PP.
“Os veciños teñen a intelixencia para saber que por moito que un goberno intente deseñar unha maneira de comunicar desprezando a autonomía local nin bo talante nin nada diso, senón que é un desprezo, moi pouco elegante e unha falta de respecto institucional innecesaria e tamén bastante pouco intelixente porque é quedar mal por ben pouco”. Os populares lamentan que a Deputación tratara de facer un uso partidista das xestións dos alcaldes e do Plan Único.
A noticia é que falta o alcalde
“Pode levar a todos os interventores, afiliados, pero porque levara ao alcalde non lle estorbara porque ao final a noticia é que falta o alcalde. Fixérono con pouco gusto, parecía un catálogo dunha marca comercial de vender lavadoras máis que unha comunicación institucional e respectuosa cos investimentos na provincia. Un exemplo de entendemento sempre insultando ao grupo sen o cal non era posible que fixera ese plan único. É indubidable que algo tivemos que ver”, explicou.
Candia defendeu que ese tipo de actitudes haberá que refrendalas nunha base para que respecto aos alcaldes e obrigalo cunha normativa aprobada no Pleno, que tamén é certo que moitas cousas que se aproban non se cumpren ou respectan pero con esta chamada de atención, que consideraba necesaria, porque foi algo con mal gusto e mala intención e non conseguiu os obxectivos que se marcaban a costa dun instrumento de consenso como é o Plan Único”.
“Que cando o presidente ou deputados queiran poñer en valor actuacións nos concellos que se respecten ás persoas que os veciños elixiron para representalos que ademais son os que din as obras que se financian co Plan Único. Os xestos evidencian a intención das persoas que os executan”, precisou Candia.
A voceira do PP dixo ademais que “a execución do Orzamento do ano 2018 está vinculada á boa execución que tiveron os concellos, por iso as puideron poñer en valor. Mellora as bases do plan porque haberá que invitar aos alcaldes”.
“Os acordos que se adoptaron aquí por consenso nun mandato tan complicado deberían visualizarse á cidadanía. O Plan Único é unha das mellores cousas que se fixo na Deputación e dos mellores instrumentos pero tamén é certo que o que poida mellorar esa imaxe de entendemento é moi necesaria e con iso quero dicir a publicación de información erróneas ou medias verdades. O Plan Único debera pasar á historia por ser un bo instrumento e non levantar confrontación. Pedimos que o bo talante continúe ata o final deste mandato e case o esiximos no caso do Plan Único”, expuxo.
Agradecemento aos funcionarios
Candia tivo palabras de agradecemento para todos os funcionarios da administración local e provincial “que cada vez que houbo algún problema para cambiar obras ou por razóns que o alcalde considerou axeitadas sempre atoparon unha solución. Era un instrumento novo que supuxo un importante traballo e gustaríame valorar ese esforzo e esa actitude construtiva e colaboradora nas reivindicacións que se fixeron desde os concellos”.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



