Viveiro 26 de febreiro de 2019. O BNG de Viveiro valora positivamente o anuncio da Xunta pero considera totalmente insuficiente estas medidas de parcheo prometidas para unha estrada coma a LU-161 que se atopa nunhas condicións de abandono total e que sufre non so graves deficiencias no seu firme e trazado, que a fan moi perigosa, senón que tamén conta cunha escasa anchura, cunetas en mal estado e sen beiravías. Unha estrada onde as veciñas e veciños destas parroquias veñen sendo testemuñas, desde hai anos, de numerosos accidentes que sufren os usuarios deste vial debido á existencia de puntos especialmente sensibles para a circulación, con curvas perigosas, sen marxe entre o límite do carril e o final da calzada, escasa e mala sinalización horizontal e cunetas sen revestir, mal conservadas e cuns desniveis moi fortes que aumentan a gravidade e as consecuencias da saída da vía dos vehículos e que carece dun marxe mínimo que pemita a/ao condutor/a correxir a traxectoria, esquivar un obstáculo, ou frear, sen sairse da calzada.
O BNG de Viveiro aproveita para lembrarlle á Xunta apoia as necesidade de medidas de seguridade vial na LU-540 en Landrove. «Urxe -explican desde o BNG- poñerlle freo á inseguridade viaria que sufren cada día os peóns e condutores que circulan por esa zona que carece de medidas redutoras de velocidade, de beirarrúas e cun alumeado deficiente; tamén son necesarias medidas que faciliten a incorporación dos vehículos á estrada e a súa saída».
Sinalan desde a formación nacionalista que «este é un dos tramos extremadamente perigosos no termo municipal que a Xunta, titular da estrada, parece ter tamén olvidado».



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



