Ourol, 28 de febreiro, 2019. O empresario local do sector agrario e forestal José Hermida Corbelle solicitoulle á presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, a súa alta como membro dos populares lucenses e será o candidato á alcaldía do Concello de Ourol.
Candia asegura que “coa incorporación de Hermida o PP da provincia de Lugo pretende seguir sumando e integrando persoas comprometidas cos nosos veciños e veciñas”. Así mesmo, a máxima responsable do Partido Popular na provincia amosouse convencida de que “o PP é a mellor forza política para impulsar o mellor futuro posible para a localidade, centrándose nos seus recursos e na súa xente”. Por iso, convida ao novo candidato “a traballar para lograr a confianza dos veciños e veciñas e conseguir os bos resultados que o Partido logra en Ourol nos distintos comicios electorais”.
O candidato popular á alcaldía de Ourol, moi vencellado ao principal sector económico do municipio, aposta por ofrecer unha alternativa de goberno aos veciños e veciñas e, polo tanto, recuperar a maioría absoluta nas urnas. Nese sentido, amósase con “ganas de traballar para ser útil a tódolos ouroleses”.
Hermida cita como un dos exemplos de políticas útiles para o municipio “a aposta do Goberno galego por implantar unha casa-niño que axuda a conciliar a vida familiar e laboral das familias do noso concello”. Así mesmo, avanza o seu compromiso de traballo para “a instalación de novos veciños no municipio”. E, en relación á terceira idade, o candidato popular incide “na necesidade de mellorar a atención dos nosos maiores e de establecer un servizo de comida a domicilio para as persoas dependentes de Ourol”. Así mesmo, non descarta a implantación dun centro de día do municipio.
Servizos e emprendemento
Hermida indica que “é imprescindible ofrecer servizos aos veciños como é o caso das traídas de auga que se deben rematar ou apoiar actividades socioculturais a través de axudas ás asociacións de veciños”. Tendo en conta que o forestal é o sector máis destacado en Ourol, o alcaldable do PP propón o establecemento de acordos coas comunidades de montes para o arranxo e apertura de pistas forestais.
Finalmente, Hermida asegura que Ourol precisa potenciar o emprendemento empresarial e para iso propón implantar medidas para a dinamización do polígono industrial. “É preciso ofrecer o alugueiro de naves no polígono a bo prezo para fomentar o asentamento de novas empresas”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



