Mondoñedo, 1 de marzo de 2019.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, inauguraron hoxe a Casa-Museo de Álvaro Cunqueiro, unha dotación cultural na que a Xunta de Galicia mobilizou máis de 120.000 euros e que se pon ao dispor da cidadanía para, en palabras de Román Rodríguez, “honrar e difundir o legado e a figura” do célebre autor mindoniense, incentivando así mesmo o turismo literario na contorna. A apertura quedou integrada nos actos da homenaxe que, coincidindo coa efeméride do seu 38 cabodano, se lle rende ao escritor.
A actuación inclúe unha parte dotacional que abrangue a adquisición de equipos audiovisuais, a instalación do sistema de seguridade e accesibilidade do centro, a produción de contidos gráficos e audiovisuais, así como da moblaxe específica para o espazo expositivo; e outra parte de documentación e deseño de contidos da musealización do que foi durante preto de 15 anos o fogar de Cunqueiro e o lugar no que escribiu algunha das súas máis célebres obras.
Román Rodríguez lembrou que o proxecto dun museo para o príncipe das letras mindonienses “axudará a vivificar o legado” de Cunqueiro, un autor ao que cualificou de “clásico”. “O século XX ‒explicou o conselleiro‒ foi o seu marco cronolóxico, o seu contexto vital, mais Cunqueiro supera ese marco e ese contexto concretos, pois Cunqueiro é un clásico” e, como clásico, “brilla e loce en calquera lugar e calquera tempo”.
Así mesmo, o titular de Cultura explicou que esta dotación “asoma neste día como unha moi boa nova para vindicar e reivindicar a obra de Álvaro Cunqueiro” e tamén “para a dinamización cultural e turística” de Mondoñedo, nun lugar privilexiado e de gran valor patrimonial, recordando que Mondoñedo e a súa Catedral son puntos principais dos Camiños do Norte, incluídos na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.
Agradecemento
O conselleiro agradeceulle ao Concello de Mondoñedo e, de xeito nominal, á súa alcaldesa a súa distinción como ‘Cunqueiriano Emeritus’. Trátase da terceira ocasión na que se brinda este recoñecemento. Na primeira edición, en 2017, correspondeulle a Francisco Cal Pardo, presidente da empresa Leadair e persoa cun gran vínculo con Mondoñedo e A Mariña, e na segunda (2018) nomeouse ao membro da RAE e catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC, Darío Villanueva Prieto.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



