Lugo, 8 de marzo de 2019. O Executivo da Deputación aprobou este venres en Xunta de Goberno a contratación das prestacións de asistencia básica, manutención e limpeza nos centros de maiores de Trabada e Ribadeo baixo a dirección pública de Deputación e senllos Concellos como responsables da xestión de servizos sociais nas residencias e centro de día.
Presentáronse 4 ofertas. A que obtivo máis puntuación foi a de Mensajeros de la Paz debido ás melloras presentadas e á redución no custo, pois a adxudicación a este colectivo exime á Deputación do pago do 4% do IVE, aforrando case 160.000 euros.
O investimento para estas prestacións no centro de maiores de Trabada é de 1.867.903 euros en 4 anos: 423.855 euros en 2019, 576.502 en 2020, 588.684 en 2021 e 278.861 en 2022. Na residencia de Ribadeo, con máis capacidade, o investimento é de 2.114.266 euros: 479.769 en 2019, 653.133 en 2020, 665.681 en 2021 e 315.681 en 2022.
Sobre as melloras ofertadas nestas prestacións, destacan as seguintes:
Os maiores contarán con 78 horas mensuais de actividades. Por exemplo, programas de animación sociocultural, de integración social a través das TICs, interxeneracionais cos colexios da zona, de participación cidadá ou convivencia.
Os usuarios contarán con atención especializada en áreas fundamentais como nutrición, respiración, hidratación, hixiene persoal, mobilidade ou trasladados, entre outras moitas; ademais de gozar doutros servizos complementarios e gratuítos como sesións mensuais de peluquería, barbería ou podoloxía.
Todos os menús estarán adaptados ás necesidades específicas de cada maior, supervisados polo persoal sanitario e elaborados por nutricionistas. Por exemplo, comidas específicas para maiores con diabetes, intolerantes ao gluten ou á lactosa, baixas en sal, para persoas con dificultades para a mastigación…
Tamén haberá pratos especiais e fóra dos horarios habituais en citas especiais como aniversarios, celebracións ou visitas de familiares, que poderán comer cos seus maiores.
Os pratos elaboraranse con produtos de tempada, con certificación de denominación de orixe, procedentes de agricultura e gandaría sostible, e, unha cuestión moi importante para a dinamización económica da zona, mercados en establecementos da provincia. Nestes casos, especialmente en Concellos da Mariña como Trabada, Riotorto, Lourenzá, Foz, Ribadeo ou A Pontenova, especificados xa na oferta de Mensajeros de la Paz.
Sobre a prestación de limpeza subliñar que, evidentemente, esta será continúa, empregaranse produtos non nocivos para o medio ambiente e farase reciclaxe, separando residuos orgánicos, envases de plástico, aceites usados… A prestación de lavandería tamén será continua, con produtos biodegradables e, entre outras cousas, inclúe os traballos de xastrería que sexan necesarios.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



