Foz, 20 de marzo de 2019. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, cualifica de lamentables e desafortunadas as manifestacións do candidato do PSOE á Alcaldía sobre a nova residencia de maiores. O rexedor engade que isto demostra que non coñece a realidade nin do asilo nin da nova residencia, como de moitos outros asuntos do municipio.
“Desde o equipo de goberno do Concello de Foz lamentamos as declaracións do señor candidato descoñecido do Partido Socialista en Foz. Parécenme desafortunadísimos os seus comentarios sobre a residencia de maiores, na que fixemos a xornada de portas abertas e en poucos días encheremos xa de residentes. Parécenos desafortunado tildar de electoralismo calquera expediente que, como neste caso, veña referido aos nosos maiores e a todo o persoal do asilo de anciáns. Este señor, que aparece única e exclusivamente para presentarse como candidato, descoñece absolutamente a realidade social, cultural e de todo tipo deste concello, posto que nunca participou en nada. E parece denigrante que veña agora aquí a deostar o traballo feito por tanta xente durante estes últimos anos: o traballo da Xunta de Galicia financiando con máis de 2,3 millóns de euros esa instalación, o traballo do equipo de goberno e doutros membros da corporación, especialmente o BNG e Foz Plataforma de Futuro, que fixeron o posible para que tanto os anciáns como o persoal non quedase sen servizos no asilo. Parece verdadeiramente lamentable que se banalice este asunto simplemente por electoralismo e por celos políticos dunha persoa que descoñece a realidade do noso concello”, explica Javier Castiñeira.
O rexedor recoméndalle “ao descoñecido candidato do Partido Socialista que se centre un pouquiño máis e que faga propostas, pero desde logo non vai facerse coñecido a conta dos traballos dos demais. Se este señor non apareceu no pobo nunca, nos trinta e pico anos que ten, e agora faino para única e exclusivamente buscar un futuro profesional e político que o diga claramente. Agora a conta do traballo dos demais non llo imos admitir”.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



