Lugo, 27 de marzo, 2019.- O Grupo Provincial do Partido Popular ve na reacción que hoxe tiveron os socialistas da Deputación de Lugo un intento desesperado de xustificar como seguen pechadas residencias inauguradas hai máis de catro anos, un proxecto fracasado do PSOE. Os socialistas esquécense que levan gobernando 11 anos e medio dos últimos doce e que son os únicos responsables de que as residencias non estean funcionando. Levan culpando ao PP doce anos cando o único responsable é o Goberno do PSOE.
Así, os socialistas repiten a estratexia de engano das pasadas eleccións cando non só inauguraron unhas residencias que a día de hoxe seguen pechadas, senón que fixeron un proceso selectivo que despois gardaron nun caixón. As persoas seleccionadas nunca foron chamadas para traballar e o propio presidente incluso lles dixo que non as contrarían, posto que botarán man de outro persoal.
“Levamos varios anos asistindo a un esperpento en relación coas residencias, con moitos millóns investidos, pero o certo é que seguen pechadas e sen data real para a súa apertura, unha vez máis”. O PP lamenta que sexan os que gobernan os que estean pedindo explicacións e botando culpas en lugar de dicirlles a todos os veciños e veciñas desta provincia a qué esperan para abrilas.
Os populares recordan todas as actuacións do PSOE en contra do interese público que debera mover á institución que dirixen. Así, primeiro demandaron aos conselleiros que forman parte de Suplusa, pese a que eles mesmos votaran a favor do seu presidente, e pedían que responderan co seu patrimonio ao considerar que non defendían os intereses da sociedade.
A continuación trataron de rescindir os contratos da sociedade de maneira unilateral e incluso deixaron de aboar as nóminas. Abandonaron as súas responsabilidades ao deixar de ir ás reunións da sociedade urbanística e trataron de impoñer o seu criterio, esquecendo que se atopan nun Goberno en minoría fortemente ameazado polas súas continuas liortas internas. “É isto o que lles impide xestionar de maneira eficaz e responsable a institución, e non as centos de escusas ás que aluden de xeito reiterado”, remarcan.
4 anos desde que as inauguraron
A rolda de prensa de hoxe, engaden os populares, obedece tan só a un paripé para xustificar o seu proxecto fracasado das residencias e a súa incapacidade para, catro anos despois de inauguralas, poñelas en funcionamento. No 2015 foron inauguradas, pero a encomenda de xestión para a súa construción é do ano 2010, recordan. Pese a todo, seguen pechadas.
O Grupo Provincial do PP advirte da incapacidade do Goberno que preside Darío Campos para abrir os centros de maiores, pese aos millóns investidos, e denuncia que “unha vez máis” nos atopamos ante unha promesa incumprida pola que os cidadáns “lle pasarán factura”.
“Estamos ante o mesmo escenario que no ano 2015. Aos socialistas só lles acordan as residencias cando estamos ás portas dunhas eleccións, pero o certo é que tiveron catro longos anos para abrilas e todas elas seguen pechadas”.




















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



