Burela, 29 de marzo de 2019. A Feira Náutico Pesqueira Expomar será presentada en Santiago o vindeiro 10 de abril, segundo deu a coñecer hoxe o presidente da Fundación Expomar e alcalde burelés, Alfredo Llano.
O rexedor dixo que “estamos esforzándonos en facer unha Feira Expomar realmente importante, con moitas novidades, moitos expositores, moitas marcas e dinamismo en todos os aspectos, no comercial e nas xornadas técnicas. Estamos traballando sobre iso e queremos facer unha feira importante para o sector náutico pesqueiro e que sexa unha referencia clara en todo o estado español. Imos facer unha presentación en Santiago o día 10, na sede de ABanca. Vainos acompañar a conselleira do Mar, Rosa Quintana. Será a primeira presentación oficial, pero haberá algunha máis”.
O presidente da Fundación Expomar lembrou que “antes tíñamos una ocupación aproximada de 3.500 metros e este ano houbo que ampliala a 4.000 metros, o que quere dicir que hai interese. Polo tanto imos facer todo o que poidamos, tanto desde o Concello como desde Expomar para isto sexa un éxito. A cita será dos días 9 ao 12 de maio”.
Mesa de negociación do Concello
Alfredo Llano comentou que a vindeira semana terá lugar unha nova xuntanza da mesa de negociación no Concello para seguir avanzando na nova RPT: “estamos a continuar coas negociacións da RPT do Concello de Burela. Fíxose un organigrama das necesidades e do que consideramos que é bo para o Concello, un sistema de organización onde están os documentos que recollen todas as necesidades para atender no presente e cara ao futuro. Houbo unha petición de cada área para ter todo cuberto e atender ben á xente de Burela. Imos ter unha reunión o día 4 de abril da mesa de negociación para falar de sistemas de valoración e chegar a un acordo entre todos para ter en conta qué criterios serían os mellores para facer a valoración de postos de traballo que é unha das fases últimas na elaboración da RPT. Esperemos que o día 4 determinemos as características para a valoración definitiva de cada un dos postos de traballo, iso indicaría que imos polo bo camiño, e comezaríamos a facer esas valoracións. Esperemos que nos dea tempo a ir facendo as cousas o antes posible para que, antes de que remate a lexislatura, ter claro como pode quedar a nova RPT”.
Cronista oficial
No pleno celebrado onte no Concello de Burela abordouse o nomeamento de Herminia Pernas como cronista oficial. O rexedor burelés explicou que “pensamos que era a persoa idónea agora mesmo de Burela para temas de investigación, divulgación e culturais, para promocionar o noso concello. Estivemos de acordo tanto o PSOE como o Bloque, pero o Partido Popular, dando máis voltas que unha noria, opúxose e abstívose. Pensamos que non foi elegante nesa abstención porque era algo do que xa se viña falando hai tempo, estábamos no plano de consensuar a proposta porque o cronista está por encima de todos os partidos políticos, dado que representa ao pobo. Era triste escoitar ao portavoz do PP intentando xustificar a súa abstención”. Na sesión plenaria de onte, a última ordinaria, deste mandato foron aprobadas as obras e os investimentos que se realizarán con cargo ao Plan Único da Deputación de Lugo.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



