Lugo, 3 de abril de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, foi convidado a unha entrevista no programa Lugo En La Onda para falar de Orgullos@s de ser de Lugo na que destacou que esta campaña “vai moitísimo máis alá dunhas siglas políticas ou da ideoloxía que cada un poida ter, pois o que buscamos é estimular a autoestima e a unión de todos os veciños para facer provincia”.
Santos Ramos explicou que “levamos moito tempo pensando na necesidade de poñer en marcha unha iniciativa coma esta porque cremos que algunhas veces necesitamos un certo estímulo para darnos conta que estamos rodeados de marabillas e a primeira son os nosos veciños e veciñas”.
“Cremos que é necesario estimular a autoestima, que en ocasións puido ser atacada ou minguada, pois a ninguén se lle escapa que a provincia de Lugo foi a grande esquecida polas institucións durante anos, sobre todo en períodos concretos; ao igual que en moitas veces temos escoitado, cun ton un pouco despectivo, iso de que se ía a aldea, aínda que logo tamén se dicía que bos produtos, que marabillas naturais ou patrimoniais, que boa xente, que amabilidade se atopa…”
“Temos que presumir e sentirnos moi orgullosos do que somos e do que temos os lucenses en cada un dos recunchos da nosa provincia en todos os sentidos. Estou seguro de que todos os veciños nos sentimos orgullos de ser de onde somos, das nosas familias, das nosas profesións…”
“Con esta campaña queremos compartir emocións dun xeito alegre e nun ambiente agradable, e poñer en valor todo o que nos une para seguir defendendo e pelexando por Lugo e a súa xente, pois sen ela non seríamos o que somos e non chegaríamos a onde estamos. O que pase en Lugo depende de todos nós. Coma sempre, a unión dos veciños nos vai a levar a facer aínda máis grande a nosa provincia, a avanzar, a construír un futuro mellor, a facer provincia”.
En repostas ás preguntas formuladas, o Secretario Provincial aclarou que “non ocultamos que é unha campaña promovida e organizado polo PSOE, pois non hai motivo algún para facelo. Somos uns veciños máis que nos sentimos moi orgullosos da nosa provincia e de ser lucenses. Eu mesmo participo na campaña, ao igual que outros compañeiros, e na información sobre a mesma identifícase que é unha iniciativa do Partido Socialista. É unha campaña de identificación coa provincia de Lugo, de pertenza, que está moi por riba de siglas ou de ideoloxía, pois así o queremos”.



















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



