Lugo. 9, abril, 2019. O Partido Popular reafirma o seu compromiso “absoluto” e “inequívoco” co rural e coas súas actividades agrarias, polo que “continuará a dar a batalla” para potenciar e enriquecer o futuro das aldeas creando oportunidades para que os seus veciños teñan “acceso, en igualdade de oportunidades, a servizos de calidade e boas infraestruturas, que permitan fomentar a actividade económica e, en definitiva, fixar poboación”. Neste eido, defenden que “nunha importante medida o futuro do rural xógase en Europa” polo que “ven imprescindible unha PAC que responda aos nosos intereses e que consolide e manteña as axudas aos agricultores e gandeiros despois de 2020”. Trátase, segundo precisan dende o PP, dun “compromiso rotundo, que se contrapón ao castigo imposto polo PSOE aos gandeiros e agricultores, cos que cando Goberna o PP a súa renda agraria sube, un 25% nos últimos sete anos, e cando o fai o PSOE a renda agraria descende, un 16% durante o Goberno de Zapatero”.
Os candidatos ao Congreso, Jaime de Olano e Joaquín García Díaz, e ao Senado, José Manuel Barreiro, acompañados do vicepresidente provincial e candidato á alcaldía de Lugo, Ramón Carballo, e do candidato á alcaldía, José Regueiro, visitaron a gandería Facundo no Concello de A Fonsagrada, onde puxeron en valor o liderado que o PP sempre mantivo a favor do rural tanto no Goberno do Estado, como no da Xunta de Galicia e naqueles concellos onde ten responsabilidades de Goberno, ademais de dar a coñecer medidas que inclúe o PP “nun programa electoral, con perspectiva rural nas súas políticas”.
Unha ministra de Sánchez avogou polo recorte do 30% na PAC
Os populares lembran que ao noso rural “non lle vai ben nas negociacións do PSOE en Europa. Cando chegamos ao Goberno negociamos unha expectativa para a agricultura, a gandería e a pesca de 47.000 millóns de euros de cara ao horizonte actual 2014-2020. Un importe moi superior ao que nos deixou encarrilado Zapatero, cuxas negociacións fixeron perder ao Desenvolvemento Rural entre 2006 e 2013, máis de 1.300 millóns de euros”.
Dende o Partido Popular consideran que tampouco se pode obviar que a ministra de Economía de Sánchez, Nadia Calviño, como directora Xeral de Presupostos da Comisión Europa, impulsou os primeiros documentos sobre o Marco Financeiro da UE para o período 2021-27, nos que se chegou a propoñer un recorte de ata o 30% no diñeiro destinado a financiar a PAC. “Un recorte evitado polo equipo de Rajoy e, se gobernamos, seguiremos pelexando para que non se reduzan os orzamentos para a Política Agraria Común”, reforzan.
Ademais, “xa como responsable de Economía do Goberno de Sánchez, a ministra permitiu outras iniciativas que entrañan un castigo para o rural, como por exemplo, suavizar as normas impostas ás compañías telefónicas para levar internet ás aldeas, o que implica que “con Sánchez terán un acceso ás novas tecnoloxías peor do previsto”
Programa electoral do PP
Os candidatos lucenses ao Congreso e ao Senado tamén referiron ao programa electoral que vén de presentar Casado e do que destacan, por exemplo, ademais do compromiso do PP para que non haxa recortes na financiación da PAC e para políticas de desenvolvemento rural, outras medidas que incentivan o emprego no rural e combatan o fenómeno do despoboamento, sen esquecerse tampouco da loita contra o cambio climático e da aposta pola innovación, a investigación e o uso das tecnoloxías da información na modernización das explotacións.
A modo de exemplo, citaron medidas como a priorización da PAC no novo presuposto europeo, a potenciación dos plans de desenvolvemento rural, o apoio ao seguro agrícola e a fiscalidade por módulos para garantir a estabilidade dunha actividade, a elaboración dun plan para a xestión de crisis agrarias e a estabilización das rendas, o impulso dunha axenda para a dixitalización do mundo rural, a lei de titularidade compartida de explotacións agrarias, o impulso de medidas precisas para favorecer a integración dos produtores en organizacións que faciliten a comercialización das súas producións, a aprobación dun Plan Agrorenove para a modernización da maquinaria agrícola ou o impulso dun Plan de Desenvolvemento da España Rural para fomentar a actividade agraria, a diversificación e a creación de emprego e emprendemento nas zonas de escasa poboación, ademais de favorecer o tratamento fiscal máis vantaxoso nas zonas rurais.
No marco deste compromiso tamén defenderon a aposta do PP por dotar ao rural do servizo de internet necesario para que o sector poida levar a cabo o seu labor. Fronte a isto denunciaron que o PSOE, sendo unha galega a ministra desta área -Nadia Calviño-, a velocidade da Rede sexa dez veces menor á proxectada polo Executivo popular.
A gandería galega
Durante a visita á gandería Facundo, no lugar de Braña, que é unha das máis representativas da comarca polo número de cabezas de raza rubia galega co que conta, os populares tamén puxeron en valor as políticas de Feijóo na Xunta de Galicia en apoio ao rural. Neste caso concreto, referiron ao seu apoio á raza rubia galega, para a súa consolidación e diversificación xenética, “unha prioridade para o Goberno galego, porque o sector da carne é moi importante na comunidade. Galicia mantén a súa posición de liderado no ámbito nacional ao ter censados case 36.000 exemplares de rubia galega, sendo un dos expoñentes máis representativos do agro lucense, onde se atopan o 76% das explotacións e o 75% da cabana gandeira desta raza.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



