Foz, 9 de abril de 2019. O IES de Foz recibe este mércores a visita dun distribuidor alemán de peixe fresco, Marcus Lind, acompañado do prestixioso chef coreano Song Lee, que fará unha demostración de elaboración de sushi con produtos da lonxa de Burela, a través de Pescados Orol. O inicio da actividade está previsto para as 11:00 horas.
Por medio da empresa burelesa Pescados Orol, unha misión comercial inversa dun distribuidor alemán de peixe fresco visita A Mariña para coñecer o proceso de elaboración do produto. O distribuidor Marcus Lind, especializado en produto delicatesen estará acompañado dun experto en tratamento de pescado, o chef coreano Song Lee, con experiencia en prestixiosos restaurantes de Berlín, que realizará no IES de Foz unha demostración de elaboración de sushi con produtos da lonxa de Burela. Está actividades está dirixida ao alumnado do primeiro curso do Ciclo Superior de Dirección de Cociña, ao do primeiro curso do Ciclo Medio de Cociña e a profesorado do centro focense.
Ademais alumnado do IES de Foz realizará diversas preparacións con peixe típicas de Galicia para darllas a coñecer a estes visitantes.
Á actividade contará coa asistencia de representantes de Pescados Orol.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



