CERVO .- O Concello de Cervo formalizou un convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural para a limpeza e roza en pistas e camiños das parroquias de Lieiro, Castelo, Cervo, Sargadelos, Vilastrofe e Rúa.
NOTA DE PRENSA
As tarefas subscríbense dentro do convenio firmado entre o Concello de Cervo e a Consellería do medio Rural
O CONCELLO FARÁ TRABALLOS DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS EN 80 HECTÁREAS DE PISTAS FORESTAIS
* Acometeranse a limpeza e roza en pistas e camiños das parroquias de Lieiro, Castelo, Cervo, Sargadelos, Vilastrofe e Rúa
* Para elo, o departamento autonómico que dirixe Samuel Juárez achegará ao Concello 10.478 euros
Cervo, 4 de marzo de 2010.- O Concello de Cervo ven de formalizar un convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural para actuar, mediante tarefas preventivas, sobre as causas dos incendios forestais no termo municipal co obxecto de evitalos, ou en todo caso, minorar as súas consecuencias.
Segundo indicou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, este acordo posibilitará a realización de traballos de limpeza en 80,6 hectáreas de pistas, vías, camiños e outras superficies forestais nas parroquias de Lieiro, Castelo, Cervo, Sargadelos, Vilastrofe e Rúa. Para elo, o departamento autonómico que dirixe Samuel Juárez achegará ao Concello 10.478 euros (130 euros por cada hectárea rozada destas pistas forestais e rurais).
O alcalde cervense valorou moi positivamente a realización destes traballos traballos de limpeza e desbroce, os cales segundo Villares, perseguen dous obxectivos primordiales: “o incremento da visibilidade para os condutores e a prevención dos incendios forestais, un perigo que a pesares de non existir actualmente pola gran cantidade de choivas deste inverno, si é necesario afrontar con garantías cando chegue o verán” sinalou.
Este é o segundo ano que o Concello de Cervo subscribe este convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural. No pasado ano tamén se desenvolveron estes traballos nunha superficie semellante de pistas e camiños do termo municipal.
Cumpre lembrar tamén que a este acordo entre o Concello de Cervo e Medio Rural hai que sumarlle tamén o convenio firmado hai agora un mes con esta mesma Consellería para desenvolver traballos de acondicionamento en sete pistas rurais do termo municipal. “Pensamos, en definitiva, que estas dúas actuacións, xunto con outras que podamos xestionar en materia de infraestruturas rurais, contribuirán a dignificar e mellorar a calidade de vida dos veciños que residen nestas zonas, e como non, desexamos tamén que axuden a evitar a incidencia de posibles incendios no noso concello” salientou o alcalde.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



