Lugo, 3 de maio de 2019. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou sobre os investimentos superiores aos 1,6 millóns de euros, que aprobou este venres a Xunta de Goberno. Campos Conde explicou que estes fondos destínanse á mellora de máis servizos públicos en zonas rurais dos Concellos, ao impulso do sector agrogandeiro e á posta en valor do territorio da provincia. A súa distribución é a seguinte:
– Destínanse 100.000 á recuperación de terras abandonas na provincia co obxectivo de poñelas en produción e contribuír ao impulso da actividade agrogandeira. Faise a través de axudas en concorrencia competitiva que se poñen a disposición de todos os gandeiros, agricultores, agrupacións de produtores, SATs e veciños que sexan titulares de explotacións. A vindeira semana abrirase o prazo de solicitudes destas axudas que son de 500 euros por hectárea, establecendo un máximo de 9.000 euros por beneficiario. Trátase dunha nova edición do Plan de Recuperación de Terras Abandonadas, do que xa se beneficiaron 220 lucenses, que puxemos en produción 1.200 hectáreas. Reedítanse estas axudas tendo en conta o seu éxito, pois os veciños beneficiados conseguiron reducir custos de produción e ampliar a súa cabana tras acadar máis espazo para o pastoreo ao recuperar territorio que estaba baldío.
– Achéganse outros 200.000 euros á dotación e instalación dunhas 120 marquesiñas nos 67 Concellos da provincia e ao longo da rede viaria provincial. Lévanse aos 15 municipios co maior número de quilómetros de estradas provinciais un mínimo de 2 marquesiñas por Concello. Estes son Cervantes, Navia de Suarna, O Saviñao, A Fonsagrada, Friol, Chantada, Vilalba, Folgoso do Courel, Pantón, Carballedo, Lugo, Ourol, Castroverde e A Pontenova. O resto de Concellos terán a lo menos 1.
– Invístense 200.000 euros na mellora duns 5 quilómetros de dúas estradas provinciais ao seu paso por Sarria: de Samos por Pintín a Sarria e de Pedrafita por Sabadelle a Vilanova de San Vicente de Froian. Presto de 390.000 euros ao arranxo de 8 quilómetros da estrada de Ferreira a Currelos, no Saviñao. 270.000 euros son para a mellora de máis de 7 quilómetros das vías de Córneas por Freixo á Lastra, e de Mesón Novo por O Ventorrillo a Chao de Vaga, nos Concellos da Fonsagrada e Baleira. 420.000 euros son para o arranxo duns 10 quilómetros de 5 estradas provinciais no Concello de Lugo: do Burgo a Palas de Rei; de Lugo a Ponte de Ombreiro; de Carballido por Santalla de Bóveda a Poutomillos; de Tolda de Castela a Canteira de Buratai; e de Coeses a Terlama.
– Achéganse case 40.000 á construción dunha pista polideportiva na parroquia de Rosende, no Concello de Sober.























Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



