Ribadeo, 15 de maio de 2019. O candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Ribadeo, Jesús Pérez Moreda, realizou hoxe unha visita ao mercado semanal dos mércores. Fíxoo acompañado dos alcaldables desta formación en Lourenzá, Foz e Burela e con membros da súa lista.
Pérez Moreda avogou hoxe “por realizar unha reforma por completo da praza de abastos, para conseguir que se converta en mercado de excelencia. Esa remodelación suporía mellores espazos para a venda, mellor exposición, mellores instalacións para os vendedores, etc. Pensamos que deben aproveitarse as dúas alturas do edificio co obxectivo de diversificar a oferta que alí se puidese atopar. Queremos unha praza de abastos mais viva, mais dinámica, que sexa un referente da venda dos produtos locais, da terra e do mar. Tamén habería que cubrir os laterais, de cara a unha posible ampliación”.
Este punto aparece recollido no programa electoral de CxG en Ribadeo, ao igual que a mellora do servizo de limpeza do Concello. O candidato á alcaldía subliñou que “Ribadeo precisa soterrar os contedores de recollida do lixo para ir chegando á eliminación total dos que hai instalados na rúa. É complicado, pero esa é a liña que temos que seguir para dar unha imaxe de vila moderna. E habería que obrigar aos supermercados a facerse cargo dos contedores que empregan, para que os teñan limpos e gardados nos seus locais ata que se aproxime a hora da recollida ou o peche dos seus negocios. Deste xeito evitaríanse malos cheiros na rúa no verán ou que as caixas de peixe voen polas rúas en días de vento forte. Hai que coidar moito máis a imaxe de Ribadeo”.
Jesús Pérez Moreda tamén falou hoxe das terrazas. O alcaldable de CxG considera necesario “modificar a normativa municipal neste ámbito. Vivimos nunha zona na que chove moito. O normal sería que contásemos con terrazas cubertas, seguindo unhas indicacións, uns deseños… dándolle uniformidade a toda contorna da igrexa e a outras zonas da vila”.
O candidato á alcaldía de Ribadeo tamén se referiu nesta xornada á situación do tráfico. Pérez Moreda manifestou que “o goberno municipal de Ribadeo leva tempo destruíndo prazas de aparcamento. Hai que intentar reorganizar o tráfico, arranxar e adaptar as prazas existentes e os espazos destinados a este fin. Hai que mellorar a sinalización destas zonas, porque moita xente que chega a Ribadeo non sabe que algúns lugares se poden empregar como aparcamentos para os seus coches. A reorganización do tráfico pasa pola instalación de semáforos para evitar atropelos, golpes ou colisións e determinados cruces de rúas en Ribadeo. Ao igual que a construción de rotondas nas inmediacións do Parador de Turismo e tamén no acceso a Rinlo”.
E lembrou que “a primeira medida que tomaremos cando cheguemos ao Concello, e que figura no programa, é a redución ao 50% de todos os soldos políticos, e esa partida duns 50.000 euros, irá destinada a servizos sociais, a prestar unha mellor atención nas súas casas á xente maior de Ribadeo, á que vive nas parroquias e tamén na vila”.





















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



