Nota de Prensa
O INFORME DOS REDACTORES DO PXOM COINCIDE CO BNG NAS VALORACIÓNS SOBRE O POL
Basanta afirma que o POL está condenado ao fracaso por estar lonxe da realidade do país
Foz, 10 de marzo de 2010.- Onte entregouselle ao BNG o informe que a Comisión do POL do Concello de Foz lle solicitara aos técnicos redactores do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Neste documento, vense reflectidos os mesmos argumentos que o BNG manexaba para facer un rexeitamento contundente a dito Plan.
En primeiro lugar coinciden os redactores co BNG en que o Plan de Ordenación do Litoral entra en contradicción co Plan Xeral que está en tramitación, hipotecando consecuentemente o desenvolvemento urbanístico do Concello de Foz. É máis, os redactores sinalan que “no caso de Foz o POL descoñece a existencia dun planeamento municipal “que non só establece o límite do solo urbano na vila senón que existe unha delimitación de núcleos (Cangas, Nois, Fazouro, etc) ao contrario do que acontece en Barreiros, con planeamento suspendido”. Efectivamente, chama a atención pois que en Barreiros, con planeamento suspendido pola Xunta de Galiza, a propia Xunta si lle recoñeza a existencia de núcleos residenciais provocando un agravio comparativo moi grave, explicable só desde unha consideración exclusivamente política e partidista por parte do PP.
Así mesmo, coinciden co BNG en que o PP, con este plan, está condenando a Foz a a medrar urbanisticamente cara o monte obviando ou descoñecendo o asentamento tradicional costeiro da poboación. Neste sentido, advirten os redactores da contradicción que supón que “por unha banda na área de mellora ambiental e paixística se pide favorecer a concentración fronte a dispersión, e por outra se restrinxen os desenvolvementos urbanísticos remitíndoos ás áreas de ordenación, en case que todos os casos completamente desconectados das áreas urbanas e de forte impacto paisaxístico ao constituír o telón de fundo”. Tamén existen, segundo os técnicos, contradiccións entre as determinacións da Lei do Solo e o POL, pois “mentres este último contempla o desenvolvemento urbanístico asociado aos núcleos tradicionais, a primeira os restrinxe coa súa clasificación como núcleo rural tradicional”.
Finalmente destacar o que o BNG ven afirmando desde que se coñeceu o documento: que o POL está moi alonxado da realidade urbanística do Concello, ignorando realidades urbanas como Cangas, Fazouro, Nois, Vilaronte, Marzán ou Forxán que como os redactores do planeamento recoñecen son “verdadeiros núcleos de identidade do litoral e para o POL só son simplemente “novas agrupacións ou outros”, sen ningunha capacidade de desenvolvemento”.
A conclusión de todo esto é clara e contundente: que este POL non cumpre cos requisitos mínimos para pasar un exame ou en palabras da oficina redactora: “carece de determinacións básicas que poidan axudar a formalizar un período de consultas e máis dende a responsabilidade da administración autonómica no seu deseño”. En definitiva, este POL está condenado ao fracaso por non obedecer á realidade do Concello de Foz e de Galiza en canto á forma de poboar o territorio da súas xentes.


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



