Hai quen opina que os soberanistas cataláns de JuntsxCat e ERC trabucáronse ao non elixir como senador a Miquel Iceta para permitirlle acceder á Presidencia do Senado estatal que lle asignada dixitalmente por Pedro Sánchez. Xa saben, é a ladaíña á que están afeitos os soberanistas das nacións todas do Estado: tede conta, rapaces, non vos portar mal co PSOE que senón veñen os malos malísmos das tres dereitas.
Os soberanistas cataláns rexeitan, para o seu mal, unha moi boa proposta. Ficar fóra, con 22/350 deputados, da Mesa do Congreso. Pór todas as cambadelas habidas e por haber a que Puigdemont sexa candidato nas europeas e a que él e Junqueras poidan participar no debate electoral de TV3. Prohibir as lazadas amarelas-sinal de reivindicación democrática da cidadanía catalá- por consideralas mostras electoralistas da política partidista. Asistir silentes á querela da Fiscalía Provincial de Barcelona por organización criminal!!! contra cadansúas direccións de Catalunya Ràdio e TV3.
Porque Miquel Iceta (PSC) representou sempre, de certo, a terceira vía das persoas asisadas. Velaí a súa absoluta falla de vergoña allea para partillar, canda Vargas Llosa e máis a extrema dereita española, a demostración unionista do 8-Ou de 2017. E quixeron polo á fronte do Senado: un President para todos. O home da mán aberta ao soberanismo catalán. Pois si.
Pensei que este PSOE de Sánchez, afeito ás labazadas de Felipe González, Alfonso Guerra, Susana Díaz et alter, mudara na obsesión en lle mercar o mapa territorial da España uninacional á dereita española. Mais vexo que estou a me trabucar. Porque Pedro Sánchez viaxa “del coro al caño” sen ser quén, malia o vento de popa que aínda recebe, a facer política.
Mentres, como ben dí o galego Suso de Toro, grande parte da cidadanía catalá rachou xa (ela si de verdade) coa vella política e piden da gobernanza solucións e plans de futuro que vaian aló do regate en curto, do vaidoso amosamento e dun vitimismo que non lles encaixa na vivencia cotián duns seus dirixentes políticos botados ao cárcere ou ao exilio.
E aínda queren que voten por Iceta. Seica tolearon.





















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



