Lugo, 21 maio, 2019. “O Plan Único veu a corrixir oito anos que ninguén quere recordar de auténtico sectarismo e uso discriminatorio dos recursos de todos os lucenses2”, explicou hoxe Elena Candia no Pleno de aprobación do plan deste ano 2019.
A voceira do PP quixo ilustrar con datos o último exercicio sen Plan Único no que o PSOE e o BNG tiñan a responsabilidade de goberno. Así, explicou que en 2014 houbo 42 subvencións excepcionais, 5,5 millóns de euros, dos cales 3,3 millóns foron para o PSOE, 1,2 millóns de euros para concellos do BNG e un 11% para concellos gobernados polo PP; 574.000 euros. “Hoxe isto é pasado e esperamos que non se volva repetir”.
“O que é indiscutible é que 2014 foi antes de onte. E agora hai un Goberno en minoría que logrou sacar adiante acordos grazas a que o PP o facilitou, pese a que naquel momento había un líder nacional que só dicía NO es NO, aínda que fora bo para o país”, explicou.
Candia defendeu que o PP “intentou sempre ver o que era bo para o país e consentimos que foran facer as fotos sen os nosos alcaldes pese a dicir que o que estaba alí o pagaba o PSOE porque nin dicían que o financia a Deputación”.
O PSOE, o protagonista do esperpento
Lamentou que se perdese unha ocasión histórica “para dar un exemplo de cordialidade e intentar gobernar e nós axudar. A pesar diso intentaron provocar, montar circos nos que o PSOE sempre acaba sendo o protagonistas do esperpento. “A pesar diso temos a obriga de facer un esforzo e intentar axudar e isto é un proxecto de 67 alcaldes que deciden, e iso se intentará no futuro. Son 67 proxectos para os concellos, pero botouse en falta a aqueles que tiñan que liderar a provincia e ser dinamizadores de sectores estratéxicos, polo que este Goberno suspende en xestión”, precisa.
“Desde hoxe temos un instrumento útil para paliar as necesidades en concellos que levaban 8 anos con moi pouca axuda do ente provincial. No ano 14 o Concello da Fonsagrada recibiu el só o que levaron todos os que gobernaron o PP en 2014. Hoxe iso é pasado e é o que aplaudimos.
Desculpas polo Pleno pasado
A popular lamentou ao comezo da súa intervención que, tanto o presidente como o voceiro do Goberno, perderan unha ocasión imprescindible para pedir desculpas polo que aconteceu una última sesión plenaria da institución. “Os medios a nivel nacional fixéronse eco e creo que, aínda que non nos consideramos responsables, se o presidente non empezou facendo ese xesto de humildade e pedindo desculpas permítame que este Grupo o faga porque é unha maneira moi diga de volverlle a honra a esta institución que tanto dano lle fixeron”, indicou




















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



