Viveiro 25-5-19. Xa hai datas da exposición conxunta da Microrrede de bibliotecas escolares da Mariña que terá lugar no Salón Multiusos do Concello de Viveiro e na biblioteca municipal de Viveiro do 4 ao 6 de xuño de 18h a 20h.
Martes día 4 ás 18:00 horas
•INAUGURACIÓN na Sala Multiusos do Concello de Viveiro.
•ACTUACIÓNS + MANISFESTO
Mércores día 5 ás 18:00 horas
•TEATRO no Teatro Pastor Díaz
Xoves día 6 ás 18:00 horas
•CLAUSURA DA EXPOSICIÓN na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro.
•ACTUACIÓNS
Este ano é o oitavo no que as bibliotecas de 16 centros educativos da zona da Mariña veñen a desenvolver un proxecto conxunto para o fomento da lectura nas familias. Dito proxecto trata de involucrar ao maior número de sectores que influen na promoción dos libros, o gusto pola lectura, o intercambio de experiencias e sobre todo, impulsar a colaboración das familias na promoción da cultura e a formación lectora dos seus fillos. O proxecto deste ano titúlase A poesía que sentimos. Contaremos cun conxunto de actividades dinamizadoras que poderás ver máis detallado no programa que achego en adxunto.
A exposición dos traballos poderá verse na biblioteca municipal así como no salón multiusos do Concello de Viveiro de 18h a 20h.
Os traballos que aí se presentan estimularán os cinco sentidos a aquelas persoas que se acheguen a visitar a exposición.
O luns, día 3 de xuño, imos montar a exposición pola tarde e queríamos aproveitar para facer unha rolda de prensa ás 19h para presentar o cartel e o programa de actividades.
No proxecto A poesía que sentimos participan os centros educativos da zona da Mariña que se citan a continuación:
EEI SAN ROQUE (Viveiro)
CEP LOIS TOBÍO (Viveiro)
CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS (Celeiro-Viveiro)
CEIP Plurilingüe de COVAS (Covas-Viveiro)
CEIP Plurilingüe SANTA RITA (Galdo-Viveiro)
CEIP Plurilingüe PEDRO CASELLES ROLLÁN (Xove)
CEIP Plurilingüe Vista Alegre (Burela)
CEIP Castro de Ouro (Alfoz)
CEIP Fondo Nois (Nois)
IES MARÍA SARMIENTO (Viveiro)
IES VILAR PONTE (Viveiro)
IES PERDOURO (Burela)
IES Monte Castelo (Burela)
IES ILLA de SARÓN (Xove)
EOI (Ribadeo)
CARTEL
O cartel deste ano resultou dun certame entre o alumnado de Artes do IES Monte Castelo.
ACTOS
Contaremos cun recital poético da man do creador de historias Antón Cortizas, figura de referencia no ámbito da literatura en galego.
As nenas e nenos serán os protagonistas destas xornadas. Recitará o alumnado da escola infantil San Roque unha poesía da súa mestra Rocío Fernández Novo.
Teremos un concerto audiovisual a cargo do artista vivariense David Catá e do profesor do Conservatorio de Música de Viveiro, Juan Cabalar.
María Rolle, mestra e escritora, presentará o seu libro “Esta non é outra historia de piratas”.
MÚSICA EN DIRECTO
O Conservatorio de Música de Viveiro tocará na inauguración. Un cuarteto de gaitas abrirá o acto e outro de metais pechará o día.
TEATRO
Uns actores de excepción, membros da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña” representarán a obra “Es único: teatro contra o bullying”.
POESÍA NA RÚA
Para contentar o sentido auditivo, a poesía oral en voz das nenas e nenos dos centros educativos da Microrrede será difundida por megafonía nas rúas do casco antigo de Viveiro grazas ao Centro Comercial Casco Histórico.
Por outra banda, a poesía manuscrita feita polo noso alumnado estará tamén presente nas tendas e bares do casco de Viveiro.
A poesía tambén é pintura. Por este motivo non podía faltar a asociación Tá en Artes que estará presente o día da inauguración pintando en directo na rúa. Os artistas trasladarán as palabras poéticas ao debuxo para despertar en nós sentimentos e emocións coa simple axuda da paleta, do pincel e da auga.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



