NOTA DE PRENSA
Así o confirmou o director xeral de Industria Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, en respostas a preguntas do deputado popular Jose Manuel Balseiro no transcurso da Comisión 6ª do Parlamento de Galicia celebrada no día de hoxe
O GOBERNO CENTRAL BLOQUEA O DESPREGAMENTO DA REDE DE GAS NATURAL NA MARIÑA LUCENSE
* O Executivo socialista debera ter adxudicado no 2008 a construción do gasoduto da Mariña, a través do que se subministraría esta enerxía aos fogares e empresas da nosa comarca.
* A Xunta comprométese a impulsar plantas gasistas secundarias, como a prevista para o subministro da multinacional Alcoa, co obxecto de evitar que o incumprimento do Goberno central prexudique aínda máis o despregamento desta nova rede de enerxía.
Santiago, 12 de marzo de 2010.- O Goberno central bloquea o despregamento da rede de gas natural na Mariña lucense. Así o explicou no día de hoxe o director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Bernardo Tahoces, en resposta a unha iniciativa parlamentaria promovida por Jose Manuel Balseiro Orol. O alto cargo da Consellería de Economía e Industria confirmou que malia que o Executivo socialista debera ter adxudicado no ano 2008 a construción do gasoduto da Mariña, a través do que se subministraría esta enerxía aos fogares e empresas da nosa comarca, esto non se ten feito.
Na súa comparecencia na Comisión 6ª, de Industria, do Parlamento de Galicia Bernardo Tahoces confirmou que ao longo dos últimos anos tiveron lugar múltiples encontros entre responsables da Xunta de Galicia e o Goberno central co obxecto de buscar as fórmulas para axilizar o despregamento deste nova rede gasista pero, pese aos compromisos adquiridos formalmente pola administración central, non cumpriron os prazos establecidos: Nin adxudicaron o gasoduto de Guitiriz antes de rematar o 2009, nin unha vez incumprida a data inicial, removeron os obstáculos que dificultan a adxudicación definitiva da rede de distribución de gas na Mariña lucense.
INFRAESTRUCTURA ESTRATÉXICA
Na súa resposta á iniciativa que defendeu Balseiro Orol, a Xunta insiste en atribuír un carácter estratéxico a rede de distribución de gas natural na Mariña lucense. Xa non só polas vantaxes que para o consumo nos fogares implica este novo combustible, máis seguro, menos contaminante e máis útil de distribuír, senón tamén e, sobre todo, porque podería ser empregado pola principal empresa industrial de Galicia, Alcoa, reduncindo así o gasto de xeración de enerxía e as emisións de CO2 á atmosfera, algo obrigado pola lexislación actual. Supón polo tanto –subliñan desde o PPdeG- unha infraestrutura básica e moi útil para a permanencia e continuidade do proxecto industrial da multinacional do aluminio.
RESTRICIÓNS ORZAMENTARIAS
O Goberno galego atribúe ás restriccións orzamentarias que desenvolve o Exeuctivo central en algúns dos Ministerios este bloqueo á posta en marcha do gasoduto da Mariña. Parece evidente, cando se trata de recortar gastos, os socialistas empezan por prexudicar a Galicia e moi especialmente á comarca mariñá. O director xeral de Industria afirmou tamén que son tres as empresas interesadas en facerse cargo da posta en marcha e xestión do gasoduto e que precisamente esta concorrencia de ofertas serve de escusa ao Goberno central para non levar adiante esta actuación e iniciar os traballos de construción da rede. Neste caso, tan só falamos dunha xustificación inventada por parte dos socialistas xa que a lei establece taxativamente que cando se trata dun gasoduto destas características (de grande importancia estratéxica e elevada presión) debe ser desenvolto con urxencia pola empresa ENAGAS.
A XUNTA TOMA A INICIATIVA
Á luz do explicado e evidenciado o incumprimento o Grupo Popular non descarta promover novas medidas de presión dirixidas ao Goberno central para que cumpra coa súa obriga de poñer en marcha o gasoduto da Mariña. En todo caso, a Xunta de Galicia xa adiantou, da voz do seu director xeral de Industria, Enerxía e Minas, que desenvolverá todas as plantas e infraestruturas gasistas secundarias, como e a prevista para o subministro da multinacional Alcoa, co obxecto de evitar que o incumprimento do Goberno central prexudique aínda máis o despregamento desta nova rede de enerxía na Mariña.



















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



