LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Vicerreitor do Campus de Lugo, Carlos Herrero, inauguraron este venres o Curso de capacitación para xestores de espazos naturais protexidos africanos . Trátase dunha xornada dirixida a responsables de parques naturais en África na que abordan as técnicas de protección medioambiental empregadas en España.
O curso, no que ademais da Deputación e a USC colaboran o Ministerio de Medio Ambiente, e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia –CEIDA-, desenvólvese logo do interese destes profesionais polas políticas medioambientais empregadas no país. Neste senso, elixiron Lugo como primerio lugar a estudar debido a súa riqueza mediambiental. A provincia conta con 3 Reservas da Biosfera avaladas polo UNESCO que se extenden no 55% do territorio.
O obxetivo dos participantes é avaliar a xestión destes espazos para logo aplicar políticas que permitan o desenvolvemento sostible de África. Por iso, unha vintena de xestores medioambientais en Cabo Verde, Guinea Bissau, Mozambique, Angola, Timor Leste, Santo Tomé, e Príncipe, coñeceron Lug02, o programa medioambiental do organismo provincial que aposta pola economía verde.
O titular do organismo provincial explicou que, co cambio de Goberno, esta Deputación reorientou as políticas de actuación e fixo posible captar 20 millóns de euros da Unión Europea que permitiron poñer en marcha proxectos como Lug02, una iniciativa dotada de 5 millóns de euros, co-financiada nun 70% con fondos FEDER e un 30% polo organismo provincial, que impulsa os espazos naturais da provincia, e que converte o “medio ambiente, na nosa oportunidade económica”.
A xornada rematou coa visita ó Centro de Interpretación da Reserva da Biosfera Terras do Miño, o Sistema de Información Territorial do Edificio CACTUS do Campus lugués, as lagoas de Caque, Cospeito, e o Río Miño. Nos vindeiros días, os participantes seguirán na Comunidade e visitarán o Parque Nacional das Illas Cíes.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



