Lugo, 13 de xuño de 2019. Este xoves tivo lugar a inauguración do centro para maiores que Deputación e Concello construíron no municipio de Trabada que conta xa con 19 usuarios. No acto participou a Deputada e Rexedora municipal en funcións, Mayra García Bermúdez, e o Deputado en funcións, Lino Rodríguez Ónega, acompañados doutras autoridades así como de veciños e veciñas do Concello e da bisbarra interesados por coñecer as instalacións e servizos que ofrece esta dotación social. O perfil medio do usuario é dunha muller de 81 anos, veciña do municipio de Trabada, que destina 700 euros á súa praza de residencia. Dos 19 usuarios, 12 xa están desfrutando dos servizos do centro e 7 farano ao longo da vindeira semana.
Do total, 12 son veciños de Trabada, 2 de Viveiro, 2 de Lourenzá, 2 de Cervo e 1 de Foz, que teñen entre 70 e 98 anos de idade e que destinan á súa praza dende os 0 euros, dunha veciña que non cobra ningún tipo de prestación, ata os case 1.200 euros.
García Bermúdez explicou que “hoxe é un día de celebración e alegría para os veciños de Trabada, así como para os da Mariña, pois despois de varios anos por fin culminamos cun dos proxectos máis importantes para o futuro da provincia. Dende o Goberno da Deputación decidimos construír na provincia unha rede de residencias e centros de días públicos para os nosos maiores pois existe unha necesidade real de desenvolver este tipo de servizos. A través destes proxectos, facemos fronte a un dos principais problemas aos que nos enfrontamos en Lugo é o envellecemento da poboación que, engadido á dispersión no territorio, produce o éxodo do rural cara o urbano e reduce o crecemento demográfico”.
A Rexedora informou que “as incorporacións vanse facendo pouco a pouco para respectar o período de adaptación das persoas, para non masificar o centro de golpe. Por iso, procuramos que o mesmo día non entre un volume moi elevado de usuarios, senón que vaian accedendo de forma escalonada para que se poidan ir coñecendo e a adaptación sexa o máis sinxela posible”.
Continúa aberto o prazo de solicitudes
O prazo de solicitudes para acceder ao centro de Trabada continúa aberto. O proceso de valoración estano a desenvolver traballadores sociais do Concello e Deputación, que avalían as necesidades e situación de cada maior para establecer o prezo en función da súa capacidade económica, pois fixouse que sempre conten cun 25% dos seus ingresos libres para o seu día a día. Os interesados poden solicitar toda a información e formalizar as súas solicitudes a través do propio Concello.
A residencia de Trabada é un centro adaptado ás persoas, aberto, os usuarios que teñen autonomía poden entrar e saír cando así o desexen e seguir facendo a súa vida habitual, por exemplo, non hai un horario fixo para as comidas, senón que hai uns marxes para que as persoas poidan adaptarse, sempre baixo unhas normas básicas de convivencia.
Durante o primeiro mes, establécese un plan de atención individualizada, supervisando cales son as necesidades, como evoluciona e se adapta cada usuario, ou que actividades encaixan máis co perfil de cada persoa para o desenvolvemento da súa autonomía. A partir do primeiro mes xa teñen un plan específico que se mantén no tempo.
Prioridade de acceso para os veciños e prazas en función da renta
O Concello de Trabada e a Deputación acordaron os convenios marcos e específicos de funcionamento do centro de maiores, así como o regulamento de acceso e a ordenanza de prezo público. Estes son os documentos que garanten a xestión pública dos centros dende a Deputación, que as prazas sexan de xeito preferente para os veciños do Concello, en segundo termo para os da bisbarra, e por último para lucenses en xeral. Tamén garante que todos os veciños poidan acceder ás prazas. A Deputación financiará ata un máximo de 600 euros. No caso de que esta cantidade sexa insuficiente, o organismo provincial achegará o déficit económico co fin de garantir o acceso universal de todos os lucenses á residencias e centros públicos da Deputación nos Concellos.























Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.



