A Mariña, 17 de xuño de 2019. Con motivo da edición da nova guía sobre as Rutas de Artesanía que a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, que se presentou este pasado venres, día 14, organízanse unhas xornadas de portas abertas a sete obradoiros de artesáns e distintos recursos da Mariña Lucense. Onte, domingo, daban comezo en Cervo e continuarán nas seguintes fins de semana de xuño en Mondoñedo, A Pontenova, Viveiro e Burela. Estas accións realízanse no marco do convenio firmado coa Axencia de Turismo de Galicia.
No novo material informativo, que está dispoñible na páxina web e nas oficinas de turismo da comarca, proponse ao visitante coñecer a riqueza patrimonial, natural e gastronómica a través da proximidade e sabedoría dos artesáns da Mariña Lucense, principais protagonistas desta iniciativa.
A nova proposta consta dunha serie de itinerarios nos que o visitante pode adentrarse no oficio do artesán e disfrutar dos valores naturais, culturais e gastronómicos da localidade onde se ubican e da súa contorna próxima. Así, os visitantes poden realizar as Rutas de Artesanía de forma autónoma guiándose polas recomendacións facilitadas na nova guía ou solicitar o servizo con guía a algunha axencia, como é o caso de Mariña Activa, que se encargou da man da Mancomunidade do desenvolvemento desta nova proposta.
As xornadas de portas abertas das Rutas de Artesanía da Mariña Lucense teñen por finalidade dar a coñecer con actividades gratuítas para o público xeral esta iniciativa. As xornadas deron comezo onte en Cervo coa visita ao asteleiro de carpintería de ribeira de Francisco Fra e ao Museo Provincial do Mar. Na xornada participaron un total de 15 persoas de distintas procedencias como Asturias, Madrid, A Terra Chá e da propia comarca da Mariña Lucense. As persoas participantes trasladaron a súa satisfacción á organización polo positivo da iniciativa, xa que da man de Francisco Fra e das guías do Museo Provincial do Mar (Amelia e Ángeles) puideron coñecer en detalle e dunha forma moi amena e interactiva o proceso de fabricación dun barco de madeira, a historia e cultura mariñeira non só de San Cibrao, senon tamén da bisbarra en xeral, entre outras anécdotas e curiosidades.
As xornadas de portas abertas continúan os próximos fins de semana de xuño en Mondoñedo, A Pontenova, Viveiro e Burela. As actividades serán gratuítas e incluirán a visita a un ou dous obradoiros e unha actividade complementaria. A iniciativa, que busca ofrecer un motivo interesante polo que desplazarse ao territorio antes da tempada alta está dirixida tanto a locais que desexen coñecer mais sobre os recursos da zona como a visitantes que queiran vivir unha xornada diferente da man dos artesáns da Mariña Lucense.
O 22 de xuño será a quenda para Mondoñedo co alfar, unha visita guiada ao centro histórico da cidade e ao canteiro pola tarde. O domingo 23 tocaralle á Pontenova coa visita ao taller dun ferreiro, á antiga estación de tren, que hoxe en día acolle a Aula de Interpretación da Pesca e aos fornos de Vilaoudriz. O sábado 29 seguirán estas xornadas de portas abertas en Viveiro coa visita a dous ceramistas –un pola mañá e outro pola tarde- e unha visita guiada ao centro histórico. Viveiro pasaralle o testigo a Burela, que cerrará as xornadas o 30 de xuño cunha visita ás redeiras e ao barco museo boniteiro Reina del Carmen.
A continuación indícanse as datas cos horarios aproximados:
Mondoñedo 22-06
Alfar 10:30 – 11:30
Visita centro histórico 12:00 – 13:30-14h aprox.
Canteiro 17:00 – 18:00
A Pontenova 23-06
Ferreiro 10:30 – 12:00
Visita Aula Interpretación da Pesca e Fornos de Vilaoudriz 12:30 – 14:00 aprox.
Viveiro 29-06
Regal Cerámica 10:30 – 11:30
Visita centro histórico 12:00 – 13:30-14h aprox.
Miriam Cerámica 17:00 – 18:00
Burela 30-06
Redeiras 10:30 – 11:30
Barco Museo “Reina del Carmen” 12:00 – 13:00 aprox.
Para asistir a algunha destas citas cos artesáns da Mariña Lucense é necesario anotarse en turismo@amarinalucense.gal ou no teléfono 654089894. O aforo máximo é de 15 persoas por xornada.























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



