O VALADOURO .- Ferreira de O Valadouro celebra o sábado 27 o Mercado Tradicional con un amplo e variado no que se inclúe a “V Ruta de tapeo de O Valadouro” no que participan 11 locais. Para inscribirse no mercado chamar ao teléfono o 982 571 516, de luns a venres, de 16:00 a 21:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.
Nota de Prensa
Continua aberto o prazo para a inscrición nos postos do Mercado Tardicional de Ferreira de O Valadouro que se vai a celebrar o vindeiro sábado 27 de marzo de 2010 pola mañá diante do antigo matadoiro municipal de O Valadouro. O teléfono de inscrición é o 982571516 de luns a venres pola tarde de 16:00 a 21:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas. Os postos que se preveen instalar no Mercado son de producción ecolóxica, mel, carne, doces, artesáns de Madeira(zoqueiros,… cesteiros,…) Ferreiros,… todo tipo de artesáns e productores.
A programación da xornada é pola mañá Mercado tradicional, a media maña´acharanaga NBA vai aanimara s ruas e os bares de Ferreira que participan na V ruta de tapeo de O valadouro. Este particpan 11 locales hostaleiros con dúas tapas variadas e greatuitas. Serán de nmañá e de tarde.
A Media mañá haberá un circuito de ponis instalado para todos os nenos que se acheguen cos seus pais ata a o mercado qyue repetirán pola tarde. O paseo nos paonis para os nenos vaio a ser de balde .
Pola tarde, hai preparada unha demostración de forxa e ferraxe que nunca se viu pola bisbarra. A partir dunha ferro vaise a moldear e facer as ferraduras para logo ferrar un cabalo.
E á noitiña, unha nova sesión da ruta de tapeo de O valadouro.
10:00h.
Apertura do Mercado Tradicional de Primavera ubicado na carpa instalada no Parque Concepción Arenal (diante do antigo matadoiro).
Mostra de productos do Campo e artesanía tradicional,zoqueiros, cesteiros, ferreiros, productos da horta, mel do Valadouro, carne do Valadouro, doces…
Durante toda a xornada, V ruta de tapeo polos locais hostaleiros colaboradores onde por cada consumición se entra no sorteo dunha noite para dúas persoas no Hotel Rústico con encanto “Vila do Val” de Ferreira.
Durante toda a xornada, a Escola Infantil Galega de Ponis fará uns percorridos gratuítas con tódolos nenos que se acheguen ata á carpa co fin de dar a coñecer o mundo ecuestre entre os máis novos..
12:00
Pasarrúas a cargo da Charanga NBA polas rúas principais de Ferreira e os locales colaboradores coa V Ruta de Tapeo.
17:00
Demostración de Forxa e Ferraxe. A partir dunha pletina vaixe a forxar a forma dunha ferradura para logo despóis ferrar cabalos.
Segunda parte da xornada da V ruta de tapeo polos locais hostaleiros colaboradores.
Segunda parte da xornada na que Escola Infantil Galega de Ponis fará unha serie de rutas gratuítas con tódolos nenos que se acheguen ata á carpa.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



