Foz, 8 de setembro, 2019. O Concello de Foz apoia e súmase á campaña Emerxencia Feminista, contra os asasinatos machistas, as manadas e as agresións sexuais, convocada para o próximo día 20 de setembro, a nivel estatal por colectivos feministas.
Segundo os datos da Delegación de Goberno, o mes de xullo foi o peor en 13 anos en casos de violencia machista, trece mulleres e unha menor foron asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas, que se suman ás máis de mil mulleres asasinadas dende o 2003. E as agresións sexuais “en manada” suman máis do dobre que nos pasados anos.
Fronte a esta barbarie, convócase aos veciños e veciñas a unha concentración nocturna o 20 de setembro ás 21:30 horas diante do Concello na que se invita a levar una luz violeta en memoria das vítimas. “A fachada do concello será iluminada de violeta a noite do 20 e nós con lanternas, velas ou móbiles, saiamos á rúa a rexeitar a violencia contra a muller, para que este dia sexa recordado como no que a noite se fixo violeta, no noso Concello”, explica Verónica Peña, Concelleira de Muller e Igualdade.
O equipo de goberno levará ao próximo pleno unha declaración institucional, para a súa aprobación pola corporación municipal, contra os asasinatos machistas e contra toda forma de violencia contra as mulleres, que rexeite tamén calquera tipo de declaracións ou mensaxes que contribúan á xustificación da violencia de xénero, que promovan a súa minusvaloración ou cuestionamento así como das ferramentas normativas das que nos temos dotado para combatela, anuncia o alcalde de Foz, Fran Cajoto.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



