CERVO .- Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, “por cuestións de última hora”, non acudiu a cita co “grupo de goberno local do Concello de Cervo” que anunciara que o conselleiro presidiría “o acto oficial de entrega das 14 vivendas unifamiliares construídas en Río Cobo pola Xunta de Galicia” . Acudiu a Cervo o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo que entregou 42 vivendas de promoción pública tamén en Murase Mondoñedo
REFERENCIA
O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo entregou 42 vivendas de promoción pública en Muras, Cervo e Mondoñedo
Medio Ambiente, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, destinou case catro millóns de euros á construción das vivendas de promoción pública
As vivendas adxudicadas foron 10 en Muras, 14 en Cervo e 18 en Mondoñedo
Boné entregou un total de 42 vivendas de promoción pública en Muras, Cervo e Mondoñedo na provincia de Lugo
Santiago, 22 de marzo de 2010.- O director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Antonio Boné, visitou hoxe as localidades luguesas de Muras, Cervo e Mondoñedo, para facer a entrega dun total de 42 vivendas de promoción pública. Todas as vivendas entregadas hoxe polo IGVS, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, corresponden a promocións iniciadas nos anos 2003 e 2004 polo goberno anterior ao bipartito.
O prezo de venda das vivendas oscila entre os 41.784 e os 77.270 euros, mentres no caso das vivendas en alugueiro as rendas mensuais oscilan entre os 118 e os 160 euros.
Muras
As vivendas entregadas en Muras foron 10, das que dúas se destinarán a aluguer; 14 en Cervo e 18 en Mondoñedo, para as que o Goberno galego, a través do IGVS, destinou case catro millóns de euros para esta actuacións.
Todos os inmobles de Muras, tanto os destinados ao aluguer como os destinados a compravenda, teñen unha extensión de 87 metros cadrados, dispoñen de calefacción de gas e praza de garaxe. Ademais de cociña, baño, aseo, dispoñen de tres dormitorios con solo de parqué ou plaqueta-gres.
Cervo
As vivendas adxudicadas en Cervo foron 18, nove en réxime de aluguer e cinco destinadas á compravenda. Ademais, no Concello de Cervo a Consellería de Medio Ambiente ten previsto destinar case sete millóns de euros ás obras do último treito da Vía de Altas Prestacións da Costa Norte que conecta coa autovía de titularidade estatal, que terá unha lonxitude de 18 metros de lonxitude. Por outro lado, esta previsto un orzamento de case 16 millóns de euros en materia de axudas para a elaboración do PXOM deste concello.
Así mesmo, o departamento de Agustín Hernández ten previsto destinar case 20.000 euros en materia de axudas para a elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello.
Outra das importantes actuacións en Cervo é o parque empresarial de Cuiña, para o que xa se convocou un concurso público para a venda de 20 parcelas. Dentro do Plan do Solo Empresarial, aprobado o pasado 18 de febreiro, Medio Ambiente ten previsto tamén a posta a punto do parque empresarial de Xove-Cervo.
En Cervo o Director Xeral do IGVS entregou 15 vivendas, das que nove son en réxime de alugueiro e cinco en compravenda. A vivenda restante foi cedida polo IGVS ao Concello en compensación pola cesión dos terreos nos que se construíron.
As vivendas entregadas en Cervo contan todas cunha superficie útil de 84,95 metros cadrados, dispoñendo de tres dormitorios, así como estar-comedor, cociña, baños, tendedeira, praza de garaxe e trasteiro. As vivendas contan con calefacción e auga quente sanitaria con caldeiras individuais de gas, pavimentos de plaqueta de gres e parqué de madeira, alicatados de azulexos, carpintería interior de madeira vernizada e exterior de aluminio lacado en cor.
O investimento realizado polo IGVS na súa construción foi de 1.050.000 euros.
Mondoñedo
Finalmente, en Mondoñedo o director xeral do IGVS entregou un total de 19 vivendas de promoción pública construídas polo IGVS cun investimento de 1.271.336,88 euros.
O réxime de adxudicación de 13 das vivendas entregadas é o de aluguer mentres que as seis vivendas restantes entregáronse en réxime de compravenda.
A meirande parte destas vivendas contan cunha superficie útil de 84,40 metros cadrados e tres dormitorios. Son 14 as vivendas que cumpren estas condicións, mentres catro vivendas dispoñen de 90 metros cadrados de superficie útil e catro dormitorios e unha vivenda dispón de 70 metros cadrados de superficie útil e dous dormitorios.
Tódalas vivendas contan co cociña, estar-comedor, baños, trasteiros e praza de garaxe e dispoñen de calefacción individual con caldeiras de gas. Os pavimentos das vivendas son de plaqueta de gres e tarima flotante de madeira, os alicatados realizáronse con azulexo, a carpintería interior é de madeira vernizada e a exterior de aluminio lacado en cor.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



