Ribadeo, 19 de setembro de 2019. O Concello remata estes días os traballos de aglomerado da pista de Reverte (Vilar). O investimento realizado, procedente de fondos propios, ascendeu a 40.000 euros. O alcalde, Fernando Suárez, dixo que se trata dunha mellora moi demanda dun viario que une a avenida Ría de Ribadeo coa estrada do monte.
O rexedor explicou que “aproveitando este bo tempo estamos aglomerando unha pista de Reverte (Vilar), de ámbito urbano de Ribadeo, viario que comunica a Avenida da Ría de Ribadeo coa estrada do monte, que dá servizo a moitos veciños e que estaba nunhas condicións lamentables desde hai moitos anos. De aí que nestas últimas semanas estivéramos traballando activamente e agora estase rematando xa esta obra, que incluíu o ancheado da pista, a colocación de tubaxes novas, etcétera. No día de hoxe están aglomerando e queda a pintura”.
Suárez Barcia subliñou que “é unha actuación moi importante e moi demandada tamén, que supuxo un investimento de 40.000 euros de fondos municipais. E esperamos que quede resolto este problema que había aquí durante moitos anos, xa que a calidade desta empresa que está facendo a obra é moi boa. Polo tanto confiamos en que estes traballos sexan de agrado para os veciños e veciñas deste barrio de Vilar”.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



