Burela, 24 de setembro de 2019. A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, fai unha valoración moi positiva da Semana Europea da Mobilidade, que se celebrou do 16 ao 22 de setembro na vila.
A edil socialista dixo que “tivemos unha semana repleta de actividades e con moita participación, tanto de escolares como de poboación en xeral. Foi a primeira vez que coincidimos con Alas de Vida e traballamos conxuntamente de xeito gratificante, polo que queremos agradecer o seu bo facer”.
Noelia Mª Ben engadiu: “tamén queremos agradecer a todos os colectivos que nos axudaron a facer posible esta semana o seu esforzo, xa que sen eles sería imposible ter un programa tan completo. E aproveitar esta ocasión para animar á xente a ser máis sostibles nos seus desprazamentos, Burela é un pobo no que polo seu tamaño non precisamos o coche para desprazarnos dentro del, polo que é bo para todos desprazarnos a pé ou en bici, tanto para a nosa saúde, a nosa economía e para o medio ambiente”.
Gañador concurso de fotos
Francisco Mon Fernández é o gañador co concurso de fotografías Os Beatles en Abbey Road… nun paso de cebra, convocado polo Concello con motivo da celebración da Semana Europea da Mobilidade. Os participantes tiñan que facer unha foto imitando a mítica imaxe. O afortunado gozará dunha cea valorada en 100 euros no Contraste.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



