Ribadeo, 26 de setembro, 2019. O deputado autonómico do PP, Daniel Vega, interésase polas necesidades da Escola Infantil de Ribadeo co fin de que esta poida se mellorada no futuro. Foi durante a reunión que mantivo esta mañá cos profesionais que prestan “con eficacia” o seu traballo. Daniel Vega tamén fixo un percorrido polas instalacións co obxectivo de coñecer de primeira man as súas necesidades.
Esta visita-reunión enmárcase no proxecto político do tamén voceiro do PP, que consiste en pulsar a opinión pero, sobre todo, as demandas dos distintos colectivos e axentes sociais e económicos do municipio. Trátase, en definitiva, apunta, “de saber e comprobar en directo como podemos facer para ir mellorando ou dando resposta ás necesidades que temos na vila para exercer de altavoz das mesmas alá onde temos representación política”.
Datos do centro
A Escola Infantil de Ribadeo ten un total de 99 prazas, das cales cinco son de emerxencia. Na actualidade, ten 91 rapaces, dos que 7 son do grupo de 0 a 1 anos, 40 de 1 a 2 anos e 44 de 2 a 3. Nestes momentos, o centro non ten lista de agarda e o cadro de persoal está formado por 16 profesionais. A Xunta de Galicia vén de asumir a reforma da súa instalación eléctrica por valor case 19.000 euros.




















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



