A Mariña, 11 de outubro, 2019. A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións , coñecida pola inmensa maioría da poboación da Mariña polas súas siglas,- UMAR-, volta ao hospital tras uns meses de descanso estival. A UMAR colocarase na entrada principal do hospital, ubicada actualmente no edificio novo. A mesa mantén o seu horario habitual , de 11 a 13 horas.
Se ben durante o verán os problemas sanitarios non fixeron máis que agudizarse ,ao engadirse aos xa existentes a escandalosa falta de persoal sanitario en atención primaria, o peche de camas negado polo SERGAS máis non por iso certo, ou a reivindicativa loita contra a precariedade laboral do colectivo de enfermeiras eventuais en loita, a UMAR fixo un alto no camiño para recargar forzas e volver ao primeiro plano da actualidade sanitaria na súa loita contra a nefasta xestión de listas de agarda que realiza o SERGAS.
É por iso que desde este colectivo sanitario convidamos a todas aquelas persoas que consideren que o tempo de agarda para facer una proba diagnóstica, para acudir a una consulta ou para una intervención cirúrxica , sobrepasa os límites considerados de normalidade ou non se axustan á Lei de garantías sanitarias, que acudan o martes día 15 de outubro á entrada do hospital, onde integrantes da Plataforma Sanitaria lles facilitarán información ou mesmo lle tramitaran a pertinente reclamación.
Igualmente desde a Plataforma Sanitaria informamos que esta mesa de reclamacións queda convocada para o primeiro martes de cada mes , en horario de 11 a 13 horas, salvo que coincida festivo . Neste caso trasladarase ao seguinte día.
Para todas aquelas persoas ás que lles sexa imposible achegarse ate o hospital a Plataforma Sanitaria dispón dun correo electrónico onde se lles atenderá de igual xeito, plataformasanitaria@gmail.com.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



