CERVO .- O Concello de Cervo solicitou a Deputación, por terceira vez dende o 30 de xullo, que construa un paso de peons fronte ao novo centro de saúde de San Ciprián e que faga outro na estrada que vai desde a rotonda de acceso á capital municipal ata O Paraño en Cervo.
Desde o Concello de Cervo aseguran ter “un forte compromiso coa mellora da seguridade varia e peonil nas estradas e vías que discorren ao longo do termo municipal” e informan de que “están a levarse a cabo a instalación de varios pasos peonís elevados con adoquines nas principais estradas de San Ciprián, de titularidade municipal, en colaboración co departamento estatal de Costas”.
Nota de Prensa
O CONCELLO INSISTE NA SÚA RECLAMACIÓN Á DEPUTACIÓN PARA QUE INSTALE CON URXENCIA PASOS DE PEÓNS ELEVADOS FRONTE AO CENTRO DE SAÚDE DE SAN CIPRIÁN E NA PRINCIPAL VÍA DE CERVO
Os pasos de peóns elevados permitirían mellorar a seguridade viaria e diminuir as situacións de perigo.
O CONCELLO INSISTE NA SÚA RECLAMACIÓN Á DEPUTACIÓN PARA QUE INSTALE CON URXENCIA PASOS DE PEÓNS ELEVADOS FRONTE AO CENTRO DE SAÚDE DE SAN CIPRIÁN E NA PRINCIPAL VÍA DE CERVO
• O Alcalde remitiu no ultimo ano ata en tres ocasións unha misiva ao organismo provincial titular desta estrada a través da que fai efectiva esta reclamación.
Cervo, 16 de outubro de 2008.- O Concello de Cervo insiste na súa reclamación para que a Deputación Provincial de Lugo instale con urxencia pasos de peóns elevados en varios puntos do termo municipal: fronte ao novo centro de saúde de San Ciprián e na estrada que vai desde a rotonda de acceso á capital municipal ata O Paraño (Cervo)
CENTRO DE SAÚDE
No primeiro deles o Goberno municipal urxe na colocación destas medidas destinadas ao reforzo da seguridade viaria na estrada de titularidade provincial Lu-1510, que une as localidades de Cervo e Burela pola Marosa (tamén coñecida como estrada do instituto). O Concello de Cervo xa remitiu no último ano ata en tres ocasións unha misiva ao organismo provincial sen que, ata o momento, se desenvolveran as devanditas obras. “Iso a pesar de que se comprometeran por escrito a estudar a posibilidade de facelo”.
O Goberno municipal lembra que tras a apertura do novo centro de saúde o pasado verán aumentou a afluencia de veciños nesta zona que soporta un gran tránsito de vehículos. Coches e camións que circulan habitualmente a maior velocidade da permitida polo que “se deben adoptar con urxencia medidas que eviten futuras situacións de perigo, antes de que teñamos que lamentar algunha desgracia”
PRINCIPAL VÍA DA CAPITAL MUNICIPAL
No segundo caso, a instalación de novos pasos peonís elevados na estrada que atravesa as principais rúas da capital municipal: Avenida de Galicia, Xose María Álvarez, … permitiría poñer fin as situacións de risco que xa tiveron lugar no pasado cando un vehículo accidentouse contra unha das casas dispostas ao longo deste percorrido. A actuación no treito sobre o que se debe garantir a seguridade peonil, ten sentido toda vez que nel sitúase a praza do Souto, e está nas proximidades do Ecomuseo e do futuro Centro Social para persoas maiores.
COMPROMETIDOS COA SEGURIDADE VIARIA E PEONIL
O Concello de Cervo ten un forte compromiso coa mellora da seguridade varia e peonil nas estradas e vías que discorren ao longo do termo municipal. Con este obxecto, está a desenvolver múltiples actuacións entre as que destaca a construción de pasos de peóns elevados a e disposición de bandas reductoras de velocidade en varios puntos estratéxicos do termo municipal. Neste senso, están a levarse a cabo a instalación de varios pasos peonís elevados con adoquines nas principais estradas de San Ciprián, de titularidade municipal, en colaboración co departamento estatal de Costas.
Desde o Executivo cervense lembran que ademais de garantir a seguridade dos peóns e viandantes este tipo de medidas facilitan a accesibilidade para aquelas persoas que presentan dificultades ou discapacidades que afectan á súa mobilidade. Son, polo tanto, múltiples os aspectos positivos a considerar.
PETICIÓNS REITERADAS.
Relación de cartas remitidas á Deputación provincial facendo efectiva a reclamación para a instalación de pasos de peóns elevados fronte ao Centro de Saúde:
– 08 de outubro de 2008 (Rexistro de saída municipal nº 3837)
– 19 de setembro de 2008 (Rexistro de saída municipal nº 3535)
– 30 de xullo de 2008 (Rexistro de saída municipal nº 2812)





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



