Lugo, 4 novembro, 2019. Os candidatos do PP ao Congreso, Jaime De Olano e Joaquín García Díez, xunto ao cabeza de lista ao Senado, José Manuel Barreiro, participaron este luns acompañados do voceiro e outros membros do grupo municipal do PP de Lugo nun encontro con representantes da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) na que se abordaron as principais problemáticas e se recolleron as demandas dos empresarios da provincia.
Os populares aproveitaron esta xuntanza para poñer enriba da mesa os elementos centrais da política económica do Partido Popular para o Goberno do Estado. Entre eles citaron a redución de impostos “porque cremos que liberando recursos a favor da sociedade se fomenta o consumo e, incentivando o consumo, conseguiremos incrementos na recadación que permitan corrixir esa situación nas arcas do Estado ao mesmo tempo que se creará emprego que é o factor básico para a nosa economía”, sinalou Barreiro.
Concretamente, en relación á creación de emprego, Jaime De Olano sinalou as propostas do Partido Popular sobre a materia tales coma “a ampliación da tarifa plana para autónomos, mozos, maiores e discapacitados, parados de longa duración, emprendedores do entorno rural e mulleres vítimas de violencia de xénero”. O cabeza de lista á cámara baixa sinalou tamén a eliminación de trámites burocráticos tanto para a constitución dunha empresa nun prazo máximo de 5 días coma para o día a día da súa actividade que actualmente supón unha perda de tempo”, manifestou De Olano. Nesa liña, nomeou a aposta dos populares pola transformación dixital con medidas concretas como constitúan “palancas de crecemento para o rural da nosa provincia e, polo tanto, contribúan a frear o seu despoboamento”.
Estas son, en definitiva, “medidas para a reactivación da economía que van na dirección contraria ao que está facendo o PSOE dende o Goberno” porque “vemos que os socialistas nos conducen a unha situación que, se non se corrixe a tempo, acabará nunha profunda crise coma a que vivimos no ano 2012”. De feito, a situación actual das empresas e, por conseguinte, dos empresarios lucenses relaciónase para os populares “co marco xeral que é común ao conxunto do país”.
José Manuel Barreiro explicou que “España está a vivir unha desaceleración económica que está tendo uns indicadores de gran preocupación. Segundo os últimos datos do emprego, que poñen de manifesto que xa se están destruíndo postos de traballo, son consecuencia da enorme inestabilidade política que está vivindo o noso país e tamén da falta de continuidade das políticas e reformas necesarias que necesita o país para que a economía continuase os ritmos de crecemento co que o facían baixo o Goberno de Mariano Rajoy e, polo tanto, garantan a creación de emprego que é a base de tódalas necesidades económicas”.
“Grave situación” da industria da provincia que afecta a moitas familias
Os candidatos populares engadiron que “esta situación de por si grave vese incrementada no caso da provincia de Lugo”. A este respecto De Olano recordou a situación dos miles de postos de traballo que Alcoa xera na Mariña, a repercusión para o emprego de traballadores da comarca da Terra Chá, principalmente, da ameaza de peche da central térmica de Endesa – As Pontes ou da repercusión sobre os produtores de eucalipto que dirixen a súa madeira á súa transformación en pasta de papel da man de Ence. “Estes son só algúns exemplos de empresas e traballadores que están sendo deixados de lado polo Goberno de Pedro Sánchez”, sinalou o candidato ao Congreso.
O candidato do PP á cámara alta, pola súa banda, recordou que “ata o momento viñeron aquí catro representantes do Goberno central, catro ministros, e en ningún caso deron resposta ou nin sequera falaron destes problemas que afectan á nosa provincia”.
Despois de trasladar a súa preocupación aos membros da Confederación de Empresarios de Lugo que participaron no encontro ante estes problemas, os populares animaron a “facer entre todos un esforzo para conseguir mudar esta situación” e apoiar nas urnas “un Goberno do Partido Popular en Madrid”.
Infraestruturas “paradas”
Sobre as infraestruturas, que son un pilar fundamental para o desenvolvemento económico da provincia, os candidatos do PP lucense tamén amosaron a súa preocupación porque “está todo absolutamente parado”. De feito, “fai uns días o señor Ábalos tivo a desfachatez de dicir que no ano 2021 iamos a contar con Ave na provincia cando é materialmente imposible”. Nese sentido, Barreiro explicou que “o que lle pedimos é que faga o mesmo que o ministro de Fomento do PP, que reúna á Delegación do Goberno e a representantes da sociedade lucense para dar prazos concretos e sinalar partidas orzamentarias como fixo o Goberno de Rajoy”.
Os empresarios reclaman un “Goberno estable”
Representantes da CEL, entre os que se atopaba o seu conselleiro delegado, Eduardo Valín, e membros do colectivo amosáronse receptivos “ante a necesidade de constituír un Goberno estable en Madrid tan importante para o noso país coma para a nosa provincia que vive unha situación de incerteza no seu tecido industrial e un importante retraso nas súas infraestruturas”, indicou o secretario xeral da CEL, Jaime López.





















O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



