Ribadeo, 6 de novembro de 2019. O Concello de Ribadeo aprobou, no pleno ordinario celebrado onte, un incremento do 7´2% para a taxa da auga e do saneamento en 2020, xa que non se subía desde o 2011. Ademais o vindeiro ano baixará nun 7% a taxa da recollida de lixo e o IBI descenderá tamén un 8% con respecto a 2018. No capítulo de mocións foi rexeitada unha do PP sobre a creación dun plan de residuos. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que o seu equipo de goberno traballa nunha nova ordenanza de medio ambiente. Tamén foi aprobada, por unanimidade, unha proposta do PSOE para demandarlle á Xunta a reposición do segundo técnico de ambulancia para A Mariña. Ao inicio do pleno gardouse un minuto de silencio pola muller asasinada hai uns días en Foz.
O rexedor ribadense explicou que “previamente ao inicio do pleno mantivemos un minuto de silencio toda a Corporación por mor do asasinato desta rapaza no concello veciño de Foz, polo que toda a cidadanía da Mariña penso que estamos consternados por ser unha máis das moitas vítimas que por motivos diferentes de violencia de xénero acaban falecendo un día si e outro tamén”.
Suárez Barcia referiuse ás taxas e impostos municipais: “en canto ás modificacións das ordenanzas de auga e de saneamento foi aprobado o incremento xusto que determinan os contratos de concesións administrativas, que proveñen do ano 1998, polo que o IPC acumulado desde a última suba, é dicir desde o ano 2011 ata actualidade, ascende ao 7´2%. Estes recursos, que exceden o déficit que existía na retribución que tíñamos obrigada á concesionaria, serán utilizados para ir facendo melloras no ciclo integral da auga, aínda que confiamos que outras administracións con competencia na materia tamén aporten honestamente o seu compromiso económico, desde a magnitude da obra que hai pendente e que afecta a máis dun concello, como é o caso da traída de Ribadeo e máis de Trabada”.
O alcalde engadiu que “aínda que con conceptos diferentes no recibo de cada abonado, tamén vai vir reflectida unha baixada de prezos de aproximadamente o 7% no apartado de recollida de lixo, despois de que o Concello de Ribadeo se adherise a unha posibilidade que abriu a Sociedade Galega do Medio Ambiente de bonificarnos o canon que nos cobra por tonelada de lixo que entregamos cun 10% de bonificación, sempre que fixésemos actuacións de reciclaxe, que fomos facendo, e sempre tamén que a baixada fose repercutida nos abonados como así estamos a facer. En todo caso hai que lembrar que esta mesma Sogama aplicounos aos Concellos asociados a ela hai catro anos unha suba salvaxe de máis do 30% no prezo da tonelada e desde o Concello de Ribadeo, por designación municipal, nunca trasladamos esa suba aos abonados”.
Fernando Suárez seguiu a relatar que “tamén foron actualizadas igualmente as tarifas da piscina municipal de Ribadeo no IPC interanual desde o ano pasado, o cal vai supoñer o 0´1%, como tamén quedou aclarada a redacción da ordenanza do IBI, do imposto de bens e inmobles de natureza urbana, na que queda fora de toda dúbida que o IBI para o ano que ven, para o ano 2020, quedará estabilizado nun 8% menos que en 2018, é dicir, igual que en 2017 e 2016”.
Mocións
No capítulo de mocións o rexedor dixo que “foi rexeitada unha moción do Partido Popular sobre a creación dun plan de residuos porque en Ribadeo, con todas as melloras e consideracións que poida haber, xa contamos con numerosos plans, tanto de limpeza viaria, de recollida selectiva, de cartón, de cartón porta a porta, de plásticos agrícolas, de vidro, mesmo de aceite vexetal, de pilas, etc… E a día de hoxe os Concellos temos un desafío ao que a Xunta aínda non deu resposta, que é como se van xestionar os residuos orgánicos dos contedores marróns, eses contedores que as normativas europeas din que hai que implantar en poucos meses, e que desde os Concellos da Mariña e da provincia non podemos facer porque Sogama non nos dá de momento unha alternativa para depositar eses restos orgánicos. Con todo, traballamos coa satisfacción de ver como cada vez se recicla máis en Ribadeo e tamén, como sempre nos gusta mellorar, xa estamos traballando nunha nova ordenanza medioambiental”.
O alcalde engadiu que “tamén se aprobou, cos votos do Bloque e máis do PSOE, unha moción para pedirlle ao Parlamento galego que lexisle dunha vez medidas reais efectivas para que revertan esta sangría demográfica que está a sufrir o noso país, cada vez somos menos, cada vez somos máis vellos, e o talento da xente nova estase a ir a gavelas para outros lugares, para outros países, e o que leva aquí gobernando na Xunta durante case todo o tempo en democracia non está a facer máis que brindes ao sol. Igualmente aprobouse, por unanimidade, unha moción do PSOE para pedirlle á Xunta a reposición do segundo técnico de ambulancias na Mariña, proposta que nos interesa moito para reforzar a precaria situación da sanidade pública. Aquí é chamativo ver que neste caso o PP vota con nós para non complicarse a vida, pero o mesmo partido no Parlamento galego vota isto en contra. Finalmente atendéronse varios rogos e varias preguntas onde eu mesmo e os meus compañeiros de goberno fomos respondendo sen agardar á seguinte sesión”.



















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada



