A Mariña, 20 de novembro de 2019. Este xoves 21 de novembro estréase nos cines madrileños Artistic Metropol o videoclip “Ancroidal” da banda viguesa Stoned At Pompeii. A peza audiovisual do director Xaime Miranda, que ten a Iago Vilarinho como director de fotografía, desenvolveuse ao longo de varios meses e foi gravado en diferentes localizacións da Mariña, como son o antigo salón de baile de Benito, en Vilaronte; o pazo de Carrocide, en Alfoz e os exteriores da casa de Pallares, en Barreiros. Así mesmo, o equipo desprazouse ao pazo da Toxeiriña, en Moraña (Pontevedra) para a gravación dalgunhas das escenas.
Neste novo traballo de Miranda, ademais dos compoñentes do grupo musical, interveñen o actor Brais Yanek – que participou en películas como “Nove de novembro” e “Dohgs” ou a premiada serie “Fariña”- e a actriz de teatro, e protagonista de musicais, María Borrazás. Para completar o elenco, o realizador contou coa colaboración da cervense Teresa Rey e con Juan Vilariño, membro da compañía Pico de Castro de Foz.
Como dato curioso, o lume protagonizou nunha das xornadas de gravación a anécdota da rodaxe, cando os veciños alertaron a Protección Civil e bombeiros sobre un suposto incendio nun garaxe de Burela, onde se estaba a filmar unha escena do videoclip.
Trailer do videoclip: https://www.youtube.com/wa dtch?v=f9nLD6lyytg&feature=emb_logo























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



