A Coruña, a 3 de decembro de 2019. A inoperancia do Goberno español, que leva meses e meses incumprindo as súas propias leis (non esquezamos que o RD 20/2018 establecía un prazo de seis meses para a posta en marcha do estatuto do consumidor electrointensivo) lévanos a unha nova poxa de interrompibilidade en peores condicións, e que só servirá para agravar a crise na que está sumida a industria electrointensivas a causa dos elevados custes do prezo da enerxía.
Un ano despois da publicación dese Real Decreto nada temos avanzado na creación dunha tarifa industrial estábel, predicíbel e competitiva que favoreza o mantemento dos empregos e da actividade produtiva nas empresas con grandes consumos enerxéticos e que recoñeza o seu estatus específico. Ao contrario, denuncia o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, neste tempo vimos como pechaba a electrólise da fábrica de aluminio da Coruña, como Ferroatlántica formulaba un ERTE alegando o elevado custe da electricidade, ou como Alcoa San Cibrao anunciaba a parada de 52 cubas, sen descartar novos axustes se non hai un marco tarifario de maneira inmediata.
“Pois ben, malia as actuacións urxentes que require esta situación, o Goberno español segue enrocado na mentira permanente, sen dar a coñecer o contido do estatuto e pondo como única alternativa enriba da mesa a convocatoria da adxudicación do servizo de interrompibilidade”, salienta Carril. Nesta convocatoria elimínanse, ademais, os bloques de 40 MW (os máis importantes para a industria gran consumidora), recórtase á metade a potencia asignada e rebáixanse os importes. Nestas condicións poderíase dar incluso a circunstancia de que Alcoa non concorra no proceso, favorecendo así ter unha escusa para aplicar máis axustes laborais e produtivos no complexo de San Cibrao.
Dende a central nacionalista faise un chamado a participar na concentración que o comité de Alcoa San Cibrao ten convocada para esta tarde, ás 20 horas, na Praza Conde de Fontao de Foz, á que tamén asistirá o secretario xeral da CIG.
Concentración da CIG o 10 de decembro
A CIG ten denunciado en numerosas ocasións que o actual sistema de poxa constitúe “unha auténtica ruleta rusa e a verdadeira causa da inestabilidade e do risco permanente dos postos de traballo neste sector. A día de hoxe, este sistema xa debera estar superado coa implementación dunha tarifa industrial estábel, con variacións predicíbeis, e á que se poidan acoller os grandes consumidores baixo o cumprimento dunha serie de requisitos.
De feito, a CIG ten elaborada dende outubro de 2018 unha proposta neste sentido que trasladou até en catro ocasións ao Goberno español, á Xunta de Galiza e ao propio comisario europeo de Enerxía. E con esta demanda debaixo do brazo, a CIG volverase concentrar o vindeiro martes, 10 de decembro, ás 11:00 horas na Delegación do Goberno na Coruña. “Porque xa é tempo de termos un marco regulador que garanta a industrialización e a creación de emprego do noso país, especialmente cando Galiza é produtora e exportadora de enerxía”.




















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



