Ribadeo, 5 de decembro de 2019. Esta tarde foi inaugurado o XVI Mercado do Nadal e acendido o alumeado destas festas. O alcalde, Fernando Suárez, xunto aos concelleiros de Turismo, Medio Ambiente, Obras e Cultura, Pablo Vizoso, Jorge Díaz, Mónica Freire e Pilar Otero, visitaron as casetas instaladas no parque de San Francisco e asistiron ao acendido da iluminación de Nadal.
O rexedor dixo que “procedemos a este acendido das luces de Nadal aquí en Ribadeo, que facemos coincidir estes últimos anos coa inauguración do XIV Mercado do Nadal. Traemos unha chea de cousas para que tanto a xente de aquí como os amigos e veciños de toda A Mariña, de todo o Occidente asturiano e todos aqueles turistas que nesta longa ponte veñan a Ribadeo poidan degustar produtos artesáns de alimentación e ver artesanía, coiro, xoiería…”.
Fernando Suárez explicou que “poñemos en marcha este alumeado de Nadal sempre desde o punto de vista sostible, con moitas luces led. Nin nos comparamos nin desafiamos nin a Nova York, nin a Vigo, nin a Londres, simplemente o facemos con todo o esforzo posible, con todo o cariño e tentamos mellorar con respecto a outros anos, atendendo aquelas suxestións que o comercio local asociado, a través de Acisa, nos foron indicando. Evidentemente non podemos chegar a todos os sitios, pero algo máis que os anos anteriores si que é”.
O alcalde agarda que “o tempo acompañe nesta longa fin de semana para que todo o mundo nalgún momento desta ponte poida vir a Ribadeo a pasalo ben, a degustar produtos artesáns e que logo despois o resto do mes e durante todo o Nadal que Ribadeo siga a ser un referente do comercio como o é, pero neste caso máis atractivo”.
Os 28 expositores do XVI Mercado do Nadal estarán abertos no parque de San Francisco ata o vindeiro domingo, día 8, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21 horas.























O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



