Burela, 7 de decembro de 2019. A Secretaria Provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero reclama no Parlamento de Galicia, a través dunha batería de iniciativas, que a Xunta de Galicia antes de que remate o primeiro semestre de 2020, realice a obra de acondicionamento e reparación da nave de redes no peirao norte do Porto de Burela. “Non valen máis enganos sobre as obras nesta infraestrutura, demandamos ao Goberno de Feijóo que execute os 237.826 euros orzamentados para mellorar esta dotación”, dixo.
Otero explica que “en decembro de 2008 inaugurábase unha obra moi demandada polos profesionais do sector pesqueiro de Burela e a propia confraría de pescadores, como foi a nave de redes no porto de Burela. Nave de redes que garantiu un lugar seguro e con mellores condicións para as traballadoras, ademais de servir, entre outros usos, como sede permanente da Feira monográfica náutico-pesqueira Expomar”.
A Deputada advirte que “desde hai uns anos o sector pesqueiro e a confraría de pescadores están a demandar obras de mellora nesta nave de redes de Burela, xa que entre outros problemas a instalación presenta humidades, ten goteiras cando chove, baños que en moitas ocasións están inutilizables”.
A Voceira de Pesca lembra que “nos orzamentos de Portos de Galicia para 2019 consignábase unha partida de 200.000 euros para estas mesmas obras de acondicionamento. Ademais, o propio delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo anunciou a principios de marzo deste ano que xa estaba rematado o proxecto técnico para a remodelación desta nave, que nese momento se atopaba en supervisión, e que a obra se licitaría ao longo deste ano”.
Así as cousas “o único que podemos constatar a día de hoxe, en pleno mes de decembro de 2019, e que esta obra tan demanda polo sector pesqueiro segue sen estar licitada, e volve a aparecer no papel, é dicir, no Proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para 2020”.
Que prazos manexa a Xunta?
Por todo isto Patricia Otero quere coñecer tamén “que prazos manexa a Xunta de Galicia para realizar a obra de acondicionamento e reparación da nave de redes no peirao norte do Porto de Burela?. Si é que conta con algún prazo, porqué como podemos comprobar o papel dos orzamentos aguántano todo, pero as veciñas e veciños da Mariña e de Burela non lles vale a mentira e o engano do PP para dotar a nave de redes con mellores servizos ”, resumiu.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



